O prazo de solicitude está aberto ata o 19 de febreiro

O Consorcio de Santiago lanza novas axudas para mellorar a eficiencia enerxética e o illamento acústico dos inmobles da cidade histórica

O Consorcio de Santiago destinará 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

O Consorcio de Santiago lanza novas axudas para mellorar a eficiencia enerxética e o illamento acústico dos inmobles da cidade histórica
as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas do casco histórico de Santiago.
As axudas irán destinadas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas de inmobles do casco histórico de Santiago.

Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.

Estas axudas están destinadas a fomentar a rehabilitación, restauración ou reposición daqueles elementos especiais e de interese arquitectónico de madeira como galerías, ventás e portas de entrada aos edificios; e promover a restauración das reixas e pezas de ferro existentes en portais, ventás e balcóns. Tamén se inclúe a reparación das pedras de soporte deterioradas e das unións aos muros por medio de enchumbados.

Requisitos 

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas propietarias, arrendatarias ou aquelas que ostenten algún dereito de uso sobre os inmobles; e as comunidades de propietarios. Os inmobles deberán reunir as condicións suficientes de seguridade estrutural e ser estancos fronte á chuvia, ademais de ter unha antigüidade superior aos 20 anos.

Á hora de avaliar as solicitudes, terán especial consideración os inmobles afectados por contaminación acústica, situados nas zonas declaradas “saturadas de ruído” polo Concello de Santiago; sempre que coa intervención se consiga unha mellora do illamento acústico do inmoble. Trátase das rúas da Conga, Bispo Xelmírez, San Paio de Antealtares, San Bieito, Vía Sacra, Algalia de Abaixo, Entremuros, Troia, Travesa, praza da Algalia de Abaixo, Cantón de San Bieito, Travesa de San Paio de Antealtares, Fonte Sequelo, praza de Feixoo e rúa de Abril Ares.

O nivel de ingresos da unidade de convivencia tamén ten relevancia especial nesta convocatoria. Ademais, primarase a incorporación de novos solicitantes, así como a superficie en metros cadrados de carpinterías de madeira ou de reixas. Valorarase o nivel de catalogación ou de interese arquitectónico do edificio ou vivenda e dos elementos singulares sobre os que se actúe. E, por último, darase preferencia aos inmobles destinados a vivenda e con ocupación permanente.

Os propietarios interesados en concorrer a esta convocatoria deberán presentar as solicitudes e a documentación pertinente no rexistro do Consorcio de Santiago ou en calquera outro rexistro. A data límite é o día 19 de febreiro. 

O Consorcio de Santiago lanza novas axudas para mellorar a eficiencia enerxética e o illamento acústico dos inmobles da cidade histórica