Para o seu proxecto "EmpregOU"
A Deputación de Ourense recibe 1,5 millóns de euros do Fondo Social Europeo para fomentar o emprego xuvenil
A Deputación de Ourense recibirá máis de 1,6 millóns de euros para levar a cabo o seu proxecto "EmpregOU", de fomento do emprego xuvenil na provincia ourensá.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba este xoves 20 de xullo a resolución de axudas do Fondo Social Europeo (FSE), entre as que figura a destinada ao proxecto EmpregOU, unha iniciativa que ten como obxectivo a mellora da formación e a empregabilidade de menores de 30 anos residentes na provincia ourensá.
Manuel Baltar saúda "moi positivamente" esta resolución do BOE e destaca que a posta en marcha deste proxecto "dará un novo impulso ao emprendemento e ao apoio do emprego xove na nosa provincia, e amosa a importancia da cooperación entre a Deputación de Ourense e o Ministerio de Industria nun ámbito de tanta importante como e o emprego, a formación e o apoio á incorporación dos xóvenes ao mercado laboral".
O proxecto aprobado, presentado pola Deputación de Ourense, "ten carácter provincial, desenvolverase a partir de setembro, e está enfocado a mellorar a empregabilidad da mocidade da provincia en sectores con alto potencial de xeración de emprego, como son o termal, o tecnolóxico ou o agroaliamentario, principalmente", remarca Manuel Baltar.
A convocatoria de axudas do FSE 2017 ten por obxecto cofinanciar proxectos promovidos por entidades locais que inclúa a realización de actividades formativas para mellorar a empregabilidade de persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estean ou non inscritas como solicitantes de emprego.
Esta alianza a prol do emprego na provincia de Ourense foi asinada hai meses polo presidente da Deputación e o director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Fernando Bayón. Un acordo que contempla tres liñas de actuación: aceleración de emprendedores, programa de emprego xuvenil e axudas económicas a empresas para a contratación. T