En empresas de inserción laboral

Este mércores abre o prazo para solicitar axudas á contratación de persoas en risco de exclusión social

A Xunta abre este mércores 3 de xaneiro o prazo de solicitude das axudas á contratación de persoas en risco de exclusión social en empresas de inserción laboral, tras a publicación das bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Este mércores abre o prazo para solicitar axudas á contratación de persoas en risco de exclusión social

O Goberno galego dedicará a esta partida de axudas preto de 400.000 euros cos que prevé a contratación de 56 desempregados a través de 11 compañías.

Nesta nova edición volverase ampliar a duración máxima dos contratos de inserción, ata tres anos; o custo das axudas á asistencia técnica (realización de auditorías contables, sociais ou certificacións de calidade) será do 80%; apoiarase outra vez a formación de persoas en proceso de inserción cun máximo de ata 3.000 euros; e financiarase ao 100% o custo dos gastos de inicio e posta en marcha da actividade ata o límite máximo de 12.000 euros por empresa de inserción laboral. 

Ademais, cando a persoa contratada sexa unha muller, teña máis de 45 anos ou se a empresa está emprazada nun concello rural, incluiranse incentivos adicionais do 25% nas axudas previstas neste programa para a contratación de xerentes, persoas técnicas de produción e técnicas de orientación, así como na creación de novos postos de traballo para persoas en inserción con apoios que poderán chegar aos 21.000 euros.

Con este programa, que se enmarca na súa Axenda 20 para o Emprego, poderase ademais financiar o 100% do salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa en proceso de inserción contratada. Financiarase tamén a realización de accións de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario, dando prioridade á contratación indefinida.

Beneficiarios

As axudas van dirixidas non só ás empresas de inserción laboral, que defenden os intereses das persoas en situación de risco de exclusión, senón tamén a entidades sen ánimo de lucro e fundacións, aínda que os destinatarios finais destas axudas son as persoas desempregadas en risco de exclusión.

Para ser beneficiarios destes apoios da Xunta, cada empresa deberá ter unha porcentaxe de persoas en inserción do 30% respecto do total do cadro de persoal, aplicar o 100% dos resultados ou excedentes dispoñibles en cada exercicio á mellora ou ampliación das estruturas produtivas e de inserción ou a programas de inserción laboral das entidades promotoras e non se apoiarán as contratacións inferiores ao 50% da xornada laboral nin por debaixo dos 6 meses.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 15 de outubro de 2018.

Este mércores abre o prazo para solicitar axudas á contratación de persoas en risco de exclusión social