Catro Ventos Editora, Cenlitrosmetrocadrado e Productores del Campo de Capela
A Xunta premia o labor social de tres cooperativas galegas
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver os Premios á Cooperación que foron outorgados a tres empresas cooperativas de Vigo, Ames e A Capela (A Coruña).
Os Premios á Cooperación, aos que se presentaron quince propostas, teñen por obxectivo fomentar e difundir o cooperativismo e os seus principios e valores na sociedade así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega. Cada un dos recoñecementos está dotado con 5.000 euros.
Así, o Premio aos valores cooperativos, que se outorga á cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos, recaeu na cooperativa Catro Ventos Editora, de Vigo. No caso do Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, para cooperativas de menos de 42 meses de traxectoria, o galardón foi para a cooperativa Cenlitrosmetrocadrado, de Ames (A Coruña). E o Premio á traxectoria cooperativa, para aquelas cooperativas de máis de 42 meses de antigüidad e que destacaran pola súa traxectoria no ámbito económico e social, foille concedido á cooperativa Productores del Campo de Capela, da Capela (A Coruña).
Con carácter excepcional, por mor da pandemia internacional causada pola covid-19, o tribunal valorou este ano as accións desenvolvidas polas cooperativas galegas en materia de benestar social dentro da categoría aos valores cooperativos. Cómpre destacar que neste 2021 cando se retoman estes premios, debido á anulación dos do ano 2020 por morda crise sanitaria.