Aglutina o 40% dos afiliados do sindicato
UGT constitúe a súa nova Federación Galega de Industria, Construción e Agro
Este venres celebrouse en Santiago o Congreso Constituínte da nova Federación Galega de Industria, Construción e Agro de UGT-Galicia, que agrupa ás anteriores federacións de Metal, Construción e Afíns e Industria e Traballadores Agrarios.
A UGT-FICA aglutinará máis do 50% da poboación activa de Galicia e ao redor do 40% dos afiliados da Unión Xeral de Traballadores na nosa Comunidade.
A nova comisión executiva que dirixirá a Federación durante os próximos catro anos foi elixida co 79% dos votos. Estará encabezada por Javier Carreiro Vázquez como secretario xeral. Xunto a el ocuparan as diferentes secretarías e sectores Rubén Pérez, Juan Fernández, Manuel Daveiga, Mª Cruz Vázquez, Ángeles González, José A. Insua, Jesús Mª Calvo, Raquel Domínguez, Marcos J. Castro, Francisco J. Fornos, Felipe López, José Paradelo, e Juan Ramón Paseiro.
No Congreso interviron, entre outros, o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.