Entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Os enxeñeiros de telecomunicación de Galicia reivindícanse na súa Noite

Os enxeñeiros de telecomunicación de Galicia, que este venres celebraron en Santiago de Compostela a XXV edición da Noite Galega das Telecomunicacións, un acto no que reivindicaron o papel da profesión durante a pandemia e instaron a incentivar a incorporación de mulleres ás carreiras STEM.
Os enxeñeiros de telecomunicación de Galicia reivindícanse na súa Noite
rsz_premios_galicia_telecos
Premiados na Noite Galega das Telecomunicaciones.

Só un 27,5% de mulleres desenvolven o seu traballo no eido STEM (siglas en inglés correspondentes a ciencia, enxeñería, tecnoloxía e matemáticas) e, en concreto, na Escola de Telecomunicación de Vigo só hai un 21 % de mulleres matriculadas. De feito, neste curso académico non se cubriron todas as prazas ofertadas por esta Escola. Para os enxeñeiros de telecomunicación de Galicia é moi importante tentar suplir este déficit e incentivar a incorporación dos máis novos e, sobre todo, das mulleres a estas carreiras técnicas. Así o expresou durante a súa intervención no acto o decano do Colexio Oficial e presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo, nun discurso no que tamén avogou por buscar fórmulas efectivas que posibiliten a colexiación de novos titulados. En concreto, para poder colexiarse como enxeñeiro de telecomunicación cómpre cursar un mestrado habilitante.

“A gran demanda de emprego existente, que fai que o titulado comece a traballar co grao e, ademais, cun salario indistinguible fronte ao que ten o mestrado finalizado, e o desaxuste entre o estudado nos mestrados habilitantes e as necesidades reais demandadas por parte do mercado son algunhas das razóns polas que os recén graduados non querer cursar estes mestrados”, destacou Sánchez Agrelo quen, abertamente, solicitou flexibilizar este criterio para poder acceder á colexiación dos enxeñeiros de telecomunicación.

Reivindicación do papel dos enxeñeiros

Pór en valor e divulgar o traballo que desenvolven os enxeñeiros de telecomunicación na sociedade foi outro dos puntos que sustentaron a intervención de Sánchez Agrelo no acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, evento que precedeu á Noite Galega das Telecomunicacións.

“Sen enxeñería de telecomunicación, a sociedade sería ben distinta”, apostilou o decano, quen engadiu que “durante a pandemia as achegas da enxeñería de telecomunicación posibilitaron que todos puideramos estar interconectados, que as empresas non se parasen totalmente e sobrelevar mellor o confinamento”. “A telefonía móbil, as redes de fibra óptica, os centros de proceso de datos, Internet, Zoom, Teams, as redes sociais, o WhatsApp ou Netfilix e moitos outros servizos que estivemos empregando durante aqueles días e que usamos, en xeral, na nosa vida cotiá, non existirían sen enxeñería de telecomunicación.

Xunto a isto, Sánchez Agrelo puxo en valor que os telecos se encargan de “converter o mundo, que en si mesmo é analóxico, en bits, nos ceros e un necesarios para, a continuación, conseguir que a información se poida almacenar, procesar e transportar ao longo e ancho do planeta” e tamén destacou que a moitos dos empregos que van ser necesarios no futuro tales coma os relacionados coa ciberseguridade, coa intelixencia artificial ou coa 5G é posible acceder coa titulación de enxeñería de telecomunicación.

Premios Galicia da Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021

Na velada, á que acudiron a directora da Amtega, Mar Pereira, e o alcalde de Santiago, Xose Sánchez Bugallo, proxectouse un video cun saúdo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejóo, e entregáronse tamén os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. Unha convocatoria de premios que distingue o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito TIC galego por parte de diferentes persoas e empresas.

En total, entregáronse seis premios. O primeiro deles, o Premio Enxeñeiro do Ano 2021 recoñeceu a traxectoria de María Encarnación Baltar. Valoráronse como razóns determinantes desta distinción o feito de que foi a primeira muller española graduada como enxeñeira na Universidade de Caracas, e a súa traxectoria á fronte de Eventyam Ingenieros S.L avalou tamén o seu perfil para o premio. María Encarnación Baltar converteuse nunha referencia nacional no difícil sector de medidas de campos electromagnéticos con traballos pioneiros en toda España, o que foi determinante á hora de lle conceder o galardón.

O Premio Socio de Honra, que recoñece a aqueles persoeiros ou entidades que destaquen pola súa promoción das telecomunicacións na nosa Comunidade Autónoma, distinguiu o labor do centro tecnolóxico Gradiant. Como razóns determinantes desta distinción, tívose en conta o feito de que Gradiant é un centro tecnolóxico de referencia en Galicia, pioneiro no desenvolvemento de proxectos de vangarda e con importante representación do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación.

O Premio Axians 2021 á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicación recaeu este ano na Universidade de Vigo. Valoráronse como razóns determinantes desta distinción á Universidade de Vigo a súa aposta polas infraestruturas TIC dentro do seu Plan Estratéxico 2021-2026 para promover a transformación dixital da Universidade.

O Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, premio impulsado pola Amtega, recaeu este ano no proxecto Escoita 5G. Entre os motivos esgrimidos para outorgar este galardón, tívose en conta a vocación de utilidade social do proxecto, concibido para mellorar problemas de persoas con dificultades sensoriais.

Finalmente, outorgaranse dous premios por parte do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación para recoñecer aos mellores expedientes académicos 2019/2020 e 2020/2021 do Mestrado de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Os premios foron outorgados a Moisés Rubén Pacheco e Marcos Martínez, respectivamente.

Só un 27,5% de mulleres desenvolven o seu traballo no eido STEM (siglas en inglés correspondentes a ciencia, enxeñería, tecnoloxía e matemáticas) e, en concreto, na Escola de Telecomunicación de Vigo só hai un 21 % de mulleres matriculadas. De feito, neste curso académico non se cubriron todas as prazas ofertadas por esta Escola. Para os enxeñeiros de telecomunicación de Galicia, que hoxe celebraron en Santiago de Compostela a XXV edición da Noite Galega das Telecomunicacións, é moi importante tentar suplir este déficit e incentivar a incorporación dos máis novos e, sobre todo, das mulleres a estas carreiras técnicas.

Así o expresou durante a súa intervención no acto o decano do Colexio Oficial e presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo, nun discurso no que tamén avogou por buscar fórmulas efectivas que posibiliten a colexiación de novos titulados. En concreto, para poder colexiarse como enxeñeiro de telecomunicación cómpre cursar un mestrado habilitante.

“A gran demanda de emprego existente, que fai que o titulado comece a traballar co grao e, ademais, cun salario indistinguible fronte ao que ten o mestrado finalizado, e o desaxuste entre o estudado nos mestrados habilitantes e as necesidades reais demandadas por parte do mercado son algunhas das razóns polas que os recén graduados non querer cursar estes mestrados”, destacou Sánchez Agrelo quen, abertamente, solicitou flexibilizar este criterio para poder acceder á colexiación dos enxeñeiros de telecomunicación.

Reivindicación do papel dos enxeñeiros

Por en valor e divulgar o traballo que desenvolven os enxeñeiros de telecomunicación na sociedade foi outro dos puntos que sustentaron a intervención de Sánchez Agrelo no acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, evento que precedeu á Noite Galega das Telecomunicacións.

“Sen enxeñería de telecomunicación, a sociedade sería ben distinta”, apostilou o decano, quen engadiu que “durante a pandemia as achegas da enxeñería de telecomunicación posibilitaron que todos puideramos estar interconectados, que as empresas non se parasen totalmente e sobrelevar mellor o confinamento”.

“A telefonía móbil, as redes de fibra óptica, os centros de proceso de datos, Internet, Zoom, Teams, as redes sociais, o WhatsApp ou Netfilix e moitos outros servizos que estivemos empregando durante aqueles días e que usamos, en xeral, na nosa vida cotiá, non existirían sen enxeñería de telecomunicación.

Xunto a isto, Sánchez Agrelo puxo en valor que os telecos se encargan de “converter o mundo, que en si mesmo é analóxico, en bits, nos ceros e un necesarios para, a continuación, conseguir que a información se poida almacenar, procesar e transportar ao longo e ancho do planeta” e tamén destacou que a moitos dos empregos que van ser necesarios no futuro tales coma os relacionados coa ciberseguridade, coa intelixencia artificial ou coa 5G é posible acceder coa titulación de enxeñería de telecomunicación.

Premios Galicia da Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021

Na velada, na que participaron a directora da AMTEGA, Mar Pereira e o alcalde de Santiago, Xose Sánchez Bugallo, proxectouse un video cun saúdo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejóo, e entregáronse tamén os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. Unha convocatoria de premios que distingue o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito TIC galego por parte de diferentes persoas e empresas.