Este xoves 22, en Santiago
O uso das enexías renovables no sector agroalimentario centra unha xornada de AGACA e Voltfer
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a empresa Voltfer organizan este xoves 22 en Santiago a xornada “Xera a túa propia enerxía: enerxías renovables no sector agroalimentario”
Un panel de expertos integrado por profesionais de Voltfer, de EnergyLab, ISEMPA e Ecoforest tratarán sobre as instalacións fotovoltaicas para autoconsumo, de biogás en explotacións gandeiras, do emprego da biomasa para usos térmicos e das posibilidades da xeotermia e a aerotermia.
Ao longo de dúas horas e media farase unha breve exposición dos proxectos e iniciativas acometidos por AGACA neste ámbito e rematará cunha mesa redonda onde se analizarán as tendencias e previsións de futuro das enerxías renovables nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.
A xornada, que se celebrará a partir das 17 horas na sede compostelá de AGACA, está dirixida a calquera persoa que desexe aforrar no consumo de enerxía da súa explotación agroalimentaria. Quen queira acudir deberá inscribirse previamente chamando a AGACA ao 981 584 783.