Na Coruña e en Ourense
Novas charlas informativas sobre as cláusulas de chan
A campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar os consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa ás cláusulas de chan chegará esta semana a A Coruña e Ourense.
Omartes 17 de xaneiro, o Sporting Club Casino (rúa Real, 83) da Coruña acollerá a partir das 17:30 un encontro organizado en colaboración coa Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios no que técnicos de Consumo explicarán os pasos que deben seguir os afectados para facer efectiva a súa reclamación ante as entidades financeiras.
A campaña informativa, que está a percorrer as principais cidades galegas, continuará o mércores día 18 en Ourense, cunha xornada que comezará ás 19 horas no salón de actos da Delegación territorial da Xunta (Avenida da Habana, 79), e que contará coa participación da directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal.
O obxectivo desta iniciativa é prestar información e asesoramento gratuíto ás persoas que se viron afectadas por estas cláusulas. A través destas charlas, a Xunta indica a usuarios e consumidores que teñen a súa disposición todos os medios cos que conta a Administración autonómica para que poidan reclamar ante as entidades bancarias a devolución do diñeiro cobrado indebidamente a través das cláusulas chan.