O 22 de xuño, nunha xornada
O Clúster do Granito analiza as consecuencias xurídicas e económicas da silicose
"A enfermidade da silicose: consecuencias xurídicas e económicas para a empresa" é o nome da xornada que organiza o Clúster do Granito, coa axuda do Igape, o vindeiro 22 de xuño.
A silicose é unha enfermidade profesional que afecta, entre outros, a traballadores do sector do granito, tratándose dunha das principais preocupacións empresariais en materia de salúde laboral. Ademáis, ten consecuencias xurídicas e económicas para a empresa debido a os recargos de prestacións á Seguidade Social. Estes recargos alcanzan en moitas ocasións importes elevados que impactan gravemente nas empresas, tanto extractoras como transformadoras ou marmolistas.
Para analizar o tratamiento xurisprudencial das indemnizacións así como o do recargo de prestacións o Cluster del Granito organiza esta xornada, que se desenvolverá o 22 de xuño, en horario de 16:30 a 18:50 no Centro Tecnolóxico do Granito no Porriño.
Os obxectivos da xornada son coñecer a xurisprudencia sobre a cuestión da silicose, con especial incidencia no recargo de prestacións; analizar as consecuencias económicas e as responsabilidades xurídicas derivadas desa xurisprudencia; e identificar prácticas que minimicen os riscos que afronta a empresa como consecuencia da xudicialización da silicose.
O evento está dirixido a empresarios e directivos do sector, mandos intermedios e encargados con persoal ao seu cargo e responsabilidade en materia de prevención, facultativos, e técnicos de prevención de riscos laborais. A participación é libre e gratuita previa inscrición na web do Clúster.