NoBA ofrece solucións de ciberseguridade avanzada

R actualiza a súa oferta de banda larga para empresas: máis rápida, máis segura e con soporte experto 24x7

R acaba de anunciar a posta en marcha da súa ‘Nova oferta de Banda Larga’ (NoBA) para o segmento empresarial, que vén revolucionar a gama actual de produtos e actualiza todos os servizos de acceso a internet que ata agora tiñan as súas empresas clientes
R actualiza a súa oferta de banda larga para empresas: máis rápida, máis segura e con soporte experto 24x7

A rápida adopción de medios tecnolóxicos dixitais en resposta ao distanciamento e ás restricións de mobilidade impostas pola pandemia (dende a extensión da práctica do teletraballo e as videoconferencias ata o incremento do consumo en liña) son unha mostra de cambios nos comportamentos sociais que viñeron para quedar. Neste contexto, un dos eixos sinalados polas administracións públicas para a recuperación económica é a transformación dixital das empresas, sexan do tamaño que sexan. Este proceso esencial esixe, por unha banda, servizos de acceso á rede cada vez máis rápidos e seguros – ciberseguros- para xestionar e procesar inxentes cantidades de información e, por outro, un acompañamento experto as 24 horas do día. Esta é a aposta da nova oferta de R.

A nova proposta do operador galego aumenta as velocidades de acceso a internet; pero o máis importante é que renova por completo a súa atención á empresa, polo que NoBA non é unha mera actualización dos servizos, e foi deseñada como unha proposta de valor que vai máis aló. Así, inclúe tamén un servizo exclusivo de ciberseguridade e unha garantía de mantemento nun curto espazo de tempo.

A partir de maio, todas as empresas clientes de R van ver renovados os seus accesos de banda larga cunha potente conexión á rede, e contarán co valor engadido de dotarse dunha maior seguridade e protección para os seus datos mediante o novo servizo de ciberseguridade. Contarán cun soporte tecnolóxico integral para protexer a información e os dispositivos da empresa fronte a ciberataques, con servizos como o apoio experto de ciberseguridade, a análise de vulnerabilidade en rede e web e a protección e configuración de equipos.

Ciberseguridade

A área de Empresas de R traballa para responder, con solucións específicas para cada caso, ás necesidades detectadas nas empresas galegas. Deste labor de escoita xorde agora NoBA. Porque a seguridade dos sistemas e a protección dos seus datos, a ciberseguridade en suma, converteuse nunha prioridade para as compañías galegas, conscientes de que un ciberataque pode suporlles grandes perdas de información, de recursos e mesmo de reputación; de aí a importancia de dispor dun acceso a internet dotado de solucións de ciberseguridade avanzada que farán máis seguros os dispositivos e a información sensible e fundamental da empresa.

A proposta de NoBA Empresa mellora tamén as condicións de mantemento e resolución de incidencias, non só do acceso a internet; tamén atende calquera incidencia relativa aos dispositivos e aplicacións da empresa cliente, independentemente do router instalado. Para reforzar aínda máis a súa aposta polo servizo no segmento de Empresa, NoBA mellora os tempos de atención e resposta ás empresas que dispoñan deste servizo.

Neste senso, NoBA Empresa conta co soporte dun experto dixital e co novo servizo ciberseguridade pemes R para protexer a rede e os datos do cliente e os dispositivos fronte a ataques de virus e malware.

Ademais, permite realizar copias de seguridade e encriptar na nube a información empresarial, de forma que os datos sempre estarán accesibles e poderanse recuperar en todo momento. Permite, ademais, realizar análises de vulnerabilidades da rede e da web corporativas, revisándoas para identificar se a través delas se pode sufrir algún ataque ou roubo de información, asegurando, deste xeito, que a canle de venda é segura. É dicir, trátase dun servizo de Asesoría Tecnolóxica Integral, experto, ademais, en ciberseguridade, que permite mellorar a protección das empresas fronte a ataques.

Por último, NoBA Empresa engade a resposta a outra das principais demandas das organizacións: un soporte técnico experto as 24 horas do día os 7 días da semana para todos os dispositivos conectados á internet da empresa. Resolver dúbidas ou problemas sobre as aplicacións e as plataformas Microsoft 365 e Google Workspace ou atender calquera incidencia ante posibles vulnerabilidades, a instalación e a configuración, desprazándose mesmo ata a oficina do cliente se fose necesario, son outras das vantaxes que se engaden a esta nova oferta de banda larga para as empresas de R.

Crecemento da área de Empresas

Este reposicionamento da oferta de R para as empresas é froito do esforzo diario dos seus profesionais, que traballan de forma próxima, tentando responder sempre con eficacia ás necesidades das compañías clientes. Por a área de Empresas do Grupo Euskaltel, do que R forma parte, rexistrou un crecemento considerable no último exercicio, cun aumento dos seus ingresos dun 3,3 % en 2020.

Tamén aumentou un 1,4 % a base de empresas clientes, pechando o exercicio con 16.000 no segmento nun ano tan difícil como 2020, polas consecuencias que a pandemia ocasionou na estrutura empresarial do país. A forte demanda de servizos de telecomunicacións empresariais, resultado da continuación do teletraballo e o gran compromiso coa calidade no servizo e a proximidade na atención ás empresas por parte de R e do Grupo, demostraron a posición consolidada da súa división B2B no mercado, impulsando eses excelentes resultados do segmento de Empresas ao longo de 2020.

R actualiza a súa oferta de banda larga para empresas: máis rápida, máis segura e con soporte experto 24x7