Na actualidade son xa máis de 150 as empresas adheridas

Queixería Barral conta xa co selo de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou este mércores o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade aos responsables da Queixería Barral, nun acto que se desenvolveu nas instalacións da empresa, situadas en Arzúa (A Coruña).

Queixería Barral conta xa co selo de Galicia Calidade
Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, fai entrega do certificado ao representante de Quiexería Barral.
Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, fai entrega do certificado ao responsable de Queixería Barral.

Fundada en 1989, esta empresa familiar arzuá, leva máis de 30 anos sendo mestres queixeiros sen perder de vista a innovación e modernidade característica dunha nova xeración.

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación destacou que os novos produtos certificados co selo caracterízanse por seren capaces de integrar “a orixe, a tradición, a calidade, o sabor e a sustentabilidade”.

A marca Galicia Calidade certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Actualmente, son xa máis de 150 as empresas adheridas, e máis de 780 produtos ou servizos avalados con este selo, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Queixería Barral conta xa co selo de Galicia Calidade