Xa son 400 os produtos e servizos amparados por este selo de calidade
Leche Río, Conservas del Noroeste, Gran Bazán e Finca Millara, últimas incorporacións de Galicia Calidade
Leche Río (Lugo), Conservas del Noroeste (Vilaboa) e as adegas Gran Bazán (Vilanova de Arousa) e Finca Millara(Pantón) forman parte xa das máis de 135 empresas galegas que contan co distintivo de garantía. Recentemente Galicia Calidade tamén incorporou as empresas Viña Costeira, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut e Pementos Carmucha.
Así, a marca de garantía Galicia Calidade continúa na súa labor de certificación das empresas máis representativas do sector alimentario galego. No ámbito do sector lácteo galego, son xa tres empresas punteiras as que contan co distintivo: Feiraco, Larsa e agora Leche Río, tanto para as marcas Leche Río como para Leyma. No ámbito da conserva, coa chegada de Conservas del Noroeste, que conta como marca máis coñecida Cabo de Peñas, Galicia Calidade conta tamén coas empresas Jealsa e Luís Escurís Batalla, en peixe, e Conservas a Rosaleira no mundo vexetal.
No referente ao sector vitivinícola son xa 18 as adegas que contan cos seus viños amparados polo selo de calidade, onde están presentes as cinco denominacións de orixe. Na D.O. Rías Baixas coa chegada de Gran Bazán, son xa 8 as adegas certificadas: Adega dos Eidos, Adega Valdés, Terra de Asorei, Altos de Torona, Paco& Lola, Señorío de Rubiós e Valtea. Na Ribeira Sacra, Finca Millara súmase a ReginaViarum e Vía Romana. Ademais, a D.O. Valdeorras conta con tres adegas: A Coroa, Ruchel e Terriña; Monterrei suma dúas adegas, Gargalo e Quinta do Buble; e o Ribeiro coa recente incorporación de Viña Costeira suma dúas adegas xunto a Bodegas Nairoa.
Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 400 produtos certificados, dos cales case o 90% do total pertencen ao sector alimentario e o sector turístico.