Inscricións ata o 13 de novembro

As empresas de turismo activo poderán certificar os seus protocolos fronte á covid

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (AGETAN) asesorará ás empresas de turismo activo da nosa Comunidade para que poidan certificar a prestación dos seus servizos con garantías de seguridade fronte á covid. 
As empresas de turismo activo poderán certificar os seus protocolos fronte á covid
AGETAN certifica ás empresas de turismo activo de Galicia que ofrecen os seus servizos con garantía de seguridade fronte á covid.
AGETAN certifica ás empresas de turismo activo de Galicia que ofrecen os seus servizos con garantía de seguridade fronte á covid.

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (AGETAN) impulsa e coordina o programa ‘Galicia Destino Seguro. Turismo Activo’, posto en marcha ao amparo do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e AGETAN para a implementación da medida 24 do ‘Plan de Reactivación dos sectores culturais e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19’.

O obxectivo do programa é prestar asesoramento e certificar ás empresas de turismo activo de Galicia que desenvolven os seus servizos con garantía de seguridade e hixiene, minimizando o risco fronte ao SARS-CoV-2. Para isto, AGETAN ten definidos unha serie de manuais de turismo activo e ecoturismo por especialidade, nos que se establecen os protocolos necesarios para garantir a seguridade en cada tipo de actividade de turismo activo ofertada en Galicia, ademais dun servizo de asesoramento para a implantación, que se presta ás empresas adheridas ao proceso de forma totalmente gratuíta.

Pode participar neste proceso de asesoramento e certificación calquera empresa de turismo activo legalmente constituída e con sede ou domicilio fiscal en Galicia, inscribíndose na web de Turismoactivo.gal ata o 13 de novembro.  

As empresas de turismo activo poderán certificar os seus protocolos fronte á covid