Xuntanza entre Jorge Cebreiros e Miguel Ángel Santalices
A CEP presenta no Parlamento galego propostas para a recuperación do tecido empresarial
O presidente da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP) presentou ao presidente do Parlamento de Galicia unha ampla batería de propostas para garantir a recuperación e a modernización do tecido produtivo galego.
Na entrevista, o presidente da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, explicoulle ao presidente do Parlamento galego,Miguel Ángel Santalices Vieira, a urxencia de protexer e manter, na medida do posible, as empresas e os proxectos xa en marcha, aínda que tamén plantexou medidas para ser adoptados ao longo do próximo bienio no que denominou un auténtico “plan de choque” contra as consecuencias da crise económica por mor da pandemia sanitaria da covid-19.
Un segundo documento entregado polo presidente da CEP contén tres propostas para que as traslade aos grupos do Parlamento de Galicia para a súa consideración.
Os tres eidos deste segundo documento son o impulso da liña de alta velocidade Vigo-Oporto; a creación dunha zona de actividade económico-empresarial Galicia Sur – Norte de Portugal, e o apoio a transformación do modelo produtivo galego.
Cebreiros tamén apremiou a colaboración e coordinación de plans entre as distintas administracións públicas, co obxectivo de aproveitar ao máximo os recursos financeiros do fondo de rescate da UE e para garantir as inversións que xa estiveran adiantadas ata o desenrolo da pandemia.