Con carácter transitorio

A Cámara de Santiago asume as funcións en materia exportadora da Cámara ourensá

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela asume desde este luns as funcións en materia de exportación da Cámara de Comercio de Ourense, tralo seu peche.

A Cámara de Santiago asume as funcións en materia exportadora da Cámara ourensá
Sede da Cámara de Comercio de Ourense, agora pechada.
Sede da Cámara de Comercio de Ourense, agora pechada.

A Cámara de Santiago estará autorizada para a emisión de certificados de orixe, legalización de facturas e a tramitación doutros documentos de exportación.

Esta asunción de funcións é con carácter transitorio, ata que non se resolva a situación da Cámara de Comercio de Ourense toda vez, de acordo coa Lei de Cámaras galegas debe existir polo menos unha Cámara por provincia.

A Cámara de Santiago asume as funcións en materia exportadora da Cámara ourensá