Os canons de abril e maio poderán pagarse prorrateados nos tres ou seis meses seguintes
A Cámara de Compostela apraza as cotas aos usuarios do seu viveiro de empresas
No contexto actual de estado de alarma, e co obxectivo de contribuir a minimizar o impacto económico que as empresas aloxadas no Viveiro de Empresas puidesen sufrir como consecuencia das medidas adoptadas, a Cámara de Comercio de Santiago informou este venres ás empresas da posibilidade excepcional de aprazar o pago do canon de cesión relativo ás mensualidades de abril e maio, de manera que o importe correspondiente a ditas cotas pendentes pódese prorratear nos 3 ou 6 meses seguintes de xeito proporcional, devengándose en cada unha das mensualidades posteriores. Todas aquelas empresas que decidan acollerse a esta medida extraordinaria terán que solicitalo, por correo electrónico no correo [email protected] non máis tarde do 31 de marzo.
O Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago manifestou “que agarda que esta medida, aínda que testimonial, poida ser de axuda para apoiar aos nosos proxectos emprendedores e para as nosas empresas consolidadas”, tanto do Viveiro Físico coma do Viveiro Virtual.