A empresa reforza o seu compromiso con Galicia

Alcampo triplica a súa presenza en Galicia coa adquisición de 23 novos supermercados

As novas aperturas suporán a incorporación de 216 novos traballadores ao equipo e a suma de aproximadamente 18.000 metros cadrados máis de área de vendas. Por provincias, A Coruña contará con 9 novos supermercados, Pontevedra 7, Lugo 4 e Ourense 3, constituíndo estas dúas últimas provincias a estrea da cadea nestas zonas

Alcampo triplica a súa presenza en Galicia coa adquisición de 23 novos supermercados
Presentación dos novos centros de Alcampo
Presentación dos novos centros de Alcampo

Segundo salientou  a directora de comunicación externa e RSC de Alcampo, Yolanda Fernández, “hoxe é un día importante para a marca, xa que supón a nosa chegada a máis barrios e poboacións galegas”. Pola súa banda, Jesús López, director territorial de Alcampo en Galicia, remarcou que “ froito da confianza que prestaron os galegos nestes últimos 41 anos á compañía, chega agora esta nova operación”.

Vigo foi a primeira cidade que acolleu á empresa no ano 1982, coa estrea do primeiro dos seus tres centros, e dende aquela fóronse sumando catro máis nas cidades de Coruña, Ferrol, Santiago e Vilagarcía de Arousa. Coa posta en marcha desta nova expansión, inauguráronse recentemente nove centros (Fene, Ferrol, Boiro, Mos, Vilagarcía, Viveiro, Vigo, Santiago de Compostela e A Estrada) e os seguintes en facelo serán os de Noia, Burela e Lugo.

A apertura dos novos centros suporá para Galicia un total de 30 tendas de Alcampo e un cadro de persoal formado por mais de 1.500 persoas. Ademáis, a súa filosofía de empresa segue fiel ao compromiso con “ o bo, o san e o local”e na loita contra o desperdicio de alimentos, o uso de plásticos e o control da pegada de carbono. Neste sentido, os clientes contarán cunha oferta de máis de 12.000 referencias de productos diferentes, entre os que se atopan unha gran variedade de produtos locais e rexionais procedentes de provedores de proximidade.

López tamén sinalou que “cooperar coas empresas agroalimentarias do noso entorno, na súa maioría pequenos produtores, está no noso ADN”. Deste xeito, o vínculo entre a marca e productores locais permite non so manter o legado cultural e gastronómico de cada territorio, senón que “contribúe a reactivar a economía das zonas nos que se localizan”.

Con esta expansión en Galicia, Alcampo consolídase como unha marca referente non só en España senón a nivel internacional, e que defende valores como “a boa alimentación, o compromiso social e medioambiental”, segundo palabras de Yolanda Fernández. 

Alcampo triplica a súa presenza en Galicia coa adquisición de 23 novos supermercados