Dentro do proceso de expansión en Galicia
Alcampo abre o seu segundo supermercado na Coruña
Dende o pasado venres a cidade da Coruña conta cun segundo supermercado Alcampo, unha apertura na cidade herculina que confirma o proceso de expansión de Alcampo en Galicia.
A nova tenda de Alcampo na Coruña, que conta cunha superficie de sala de vendas de máis de 700 metros cadrados e parking gratuito, supón a contratación de 12 traballadores.
Nela, os clientes contan cunha oferta de máis de 12.000 referencias de productos diferentes, entre os que se atopan unha gran variedade de produtos locais e rexionais procedentes de provedores de proximidade. Ademáis, tamén está dispoñible a compra a través da súa web e o envío a domicilio, así como a recollida programada no centro.
Alcampo cumple así a súa máxima de colaborar con empresas agroalimentarias da contorna, a maioría delas de pequenos productores, coa fin de preservar a riqueza gastronómica da zona, ofrecer un plus de calidade e trazabilidade, reforzar o coidado do medio ambiente e impulsar a reactivación da economía da zona. A súa filosofía de empresa segue fiel a valores como a boa alimentación e á loita contra o desperdicio de alimentos.
Con este novo centro na Coruña, a operación de expansión, que a marca está a realizar en Galicia, suporá un total de 30 tendas e unha plantilla de máis de 1.500 traballadores.