Importancia estratéxica de Portugal para os seus plans de crecemento
Abanca nomea á financiera lusa Ana Barros como conselleira
O consello de administración de Abanca mantivo unha reunión na sede corporativa do banco en Lisboa na que se acordou nomear como conselleira á financiera portuguesa Ana Barros.
A reunión do consello de administración en Lisboa pon de manifesto a importancia estratéxica que Abanca outorga ao mercado luso nos seus plans de crecemento. Trala culminación da integración de Deutsche Bank PCB Portugal, a entidade bancaria iniciou unha nova etapa no país veciño, centrada no segmento de private banking e banca de empresas.
O papel estratéxico de Portugal para Abanca amósase tamén na fichaxe como nova conselleira da financiera Ana Barros, quen achegará a súa ampla experiencia no sector financiero e o seu detallado coñecemento da economía e do mercado portugués. Barros cursou estudos na Universidade de Porto, London Business School, CASS Business School, Harvard Business School e INSEAD. Traballou toda a súa carreira en banca de investimento en Madrid, Nova York e Londres, ademais de na capital lusa. É especialista en mercados e fusións e adquisicións. A financiera ten un enfoque sectorial moi amplo en sectores como infraestructuras, telecom, transporte e química.
Abanca xestiona en Portugal un volumen de negocio de 7.363 millóns de euros e lidera o segmento de advisory banking.
As actividades corporativas de Abanca na capital portuguesa, que tamén incluiron unha reunión do seu comité de dirección, pecharanse na tarde deste mércores cunha convención para empregados que reunirá a máis de 500 persoas.