Expuxéronse axudas e programas para fomentar o emprendemento por parte de mulleres
Xornada sobre emprendemento feminino na Cámara santiaguesa
Nesta proposta tamén se inclúen medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para facilitar o acceso aos servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co fin de facilitar a implantación e a consolidación de proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Ademais, proporcionaronse as claves das axudas e subvencións do Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade, que constitúen unha ferramenta deseñada en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, conscientes de acadar unha conciliación corresponsable.
Por outra banda, Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, falou do Programa de apoio ao emprendemento feminino (PAEM). Un programa que ten como obxectivo básico sensibilizar ás mulleres e ao seu entorno no autoemprego e na actividade empresarial, actuando como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por mulleres. Esta iniciativa proporciona accións de sensibilización, información, asesoramento e orientación ás mulleres emprendedoras e empresarias, en relación co inicio da súa actividade como profesionais autónomas ou na posta en funcionamento de accións empresariais.