En toda España identifícanse 549 viveiros
O Viveiro de Empresas da Cámara de Santiago volve encabezar o ránking de Funcas
Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela repite este ano como o mellor centro para a creación de empresas en España, segundo o Ránking de viveiros Funcas 2019/2020.
Durante a xornada ‘Os servizos que prestan os viveiros e aceleradoras de empresas en España’, fíxose entrega ademais dos premios Funcas aos primeiros clasificados do ránking. Tras o Viveiro de Empresas da Cámara compostelá situouse en segunda posición o Centro de Empresas A Curtidora, de Avilés, mentres que o CIE da Fundación CEL Iniciativas por Lugo ocupa de novo o terceiro posto.
Pola súa banda, ViaGalicia posiciónase como a mellor aceleradora do país, seguida por Lanzadeira, de Valencia, e Aceleradora Agroalimentaria Orizont, de Tudela (Navarra).
O ránking de Funcas persegue poñer en valor os puntos fortes e débiles do sector do emprendemento en España. O estudo analiza a situación actual dos viveiros de empresas e das aceleradoras no noso país como catalizadores do desenvolvemento do tecido empresarial, nun contexto no que a actividade emprendedora converteuse nun instrumento dinamizador da economía e peza crave para a innovación, a competitividade e o crecemento.
O informe identifica 549 viveiros de empresas en España, 72 máis que a pasada edición, cunha presenza consolidada e sedimenta en toda a xeografía. Das 17 comunidades autónomas, 13 contan con viveiros situados entre os 30 mellores. Destacan algunhas rexións onde poderían darse as mellores prácticas, o País Vasco posúe cinco dos viveiros de empresas con mellores posicións, seguido da Comunidad de Madrid e Cataluña con catro, Galicia e Comunidade Valenciana con tres e Murcia e Aragón con dous. Galicia é, ademais, a comunidade autónoma con máis postos altos no ránking pois o primeiro e o terceiro viveiro de empresas de España operan na nosa Comunidade. Pola súa banda, o País Vasco é o que conta cun maior número de viveiros no ránking.
Aceleradoras, máis novas e especializadas
O informe rexistra un cento de aceleradoras en España, cunha clara concentración en Madrid e Cataluña, seguidas de País Vasco, Comunidade Valenciana e de forma crecente Andalucía. O 81% das aceleradoras analizadas puxéronse en marcha a partir de 2013, unha mostra aínda máis nova que a do ano pasado onde só un 50% das entidades analizadas creáronse entre 2013, 2014 e 2015. O 62% das mesmas son privadas fronte ao 76% do ano anterior. Obsérvase ademais unha maior especialización. No presente informe, o 23% das aceleradoras asegura ser xeneralista fronte ao 91% que o indicaba en 2016 e o 54% en 2018. Os sectores máis estendidos son TIC e Saúde.
Por outra banda, só o 23% das entidades analizadas sinala a obtención de beneficios entre as súas metas fronte ao 34% do informe anterior. A maioría destaca a creación de empresas viables e sustentables, crecemento económico e innovación aberta como os seus principais obxectivos. Así, o 67% non esixe ningunha participación, é dicir, deciden non investir no seu portfolio de empresas e por tanto non están interesadas nos ingresos financeiros das mesmas. As aceleradoras contan cun persoal de cinco empregados de media e con orzamentos que na súa maioría non supera o millón de euros (70%).