Unha iniciativa do proxecto transfronteirizo NOVA TFE

Seis empresas exporán os seus proxectos nos Demo Days TFE

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolle os días 29 e 30 de novembro, os Demo Days TFE, co obxecto de establecer sinerxías e contacto entre persoas emprendedoras e posibles investidores para impulsar ou relanzar proxectos empresariais.
Seis empresas exporán os seus proxectos nos Demo Days TFE
Os Demo Days TFE desenvolveranse o martes e mércores pola tarde na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense.
Os Demo Days TFE desenvolveranse o martes e mércores pola tarde na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense.

Os Demo Day son eventos nos que se pretende impulsar ou acelerar un proxecto empresarial. As e os emprendedores levan a cabo unha presentación das súas propostas e iniciativas ou dos avances do seus proxectos ante un público de interese para eles en diferentes ámbitos. Así, nos dous días de programación -as tardes dos días 29 e 30 de novembro- van participar empresas de distintos ámbitos como a aeronáutica, arqueoloxía ou impresións 3D, para expor a súa experiencia e as súas propostas ante aqueles interesados nas mesmas, como poden ser posibles investidores, socios estratéxicos ou clientes, así como estudantes ou público en xeral.

Neste evento participarán empresas como Enercraft (peme galega galardoada en 2021 como o mellor proxecto emprendedor durante os VIII Premios Galicia de Enerxía); Rediot (proxecto que ofrece solucións tecnolóxicas a medida relacionadas cos ámbitos de SmartCity e IoT); Xesta Brava (inciativa de propostas divulgativas innovadoras dirixidas á comunidade educativa e á sociedade); Bágoas Fóra (espazo virtual onde se une o tradicional da artesanía coa innovación educativa); F&H Asociados (empresa de arqueoloxía, consultaría e impacto ambiental) e MASQUE3D (empresa que traballa na divulgación da fabricación aditiva e impresión 3D).

Proxecto transfronteirizo NOVA TFE

Os Demo Days TFE son unha iniciativa encadrada dentro das actividades do proxecto transfronteirizo NOVA TFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras), do Programa Interreg V A España-Portugal (Poctep) 2014-2020 que conta con financiamento Feder,

O obxectivo principal deste proxecto é potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, mellorando a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación nas actividades de I+D+I máis achegadas ao mercado. A iniciativa quere facilitar que a investigación aplicada relacionada coa Internet das cousas (especialmente smart cities) e a fabricación avanzada sexan trasladadas ás pemes (menos urbanas) dos sectores máis relevantes do espazo transfronteirizo.

Seis empresas exporán os seus proxectos nos Demo Days TFE