A Asociación de Empresarios Ferrolterra pretende fomentar a reactivación económica de Ferrol
Emprendedores compartirán as súas experiencias nunha campaña da AEF
A iniciativa da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) desenvólvese dentro do programa de axudas do concello “Ferrol Cidade Viva”.
Na procura de contribuír á creación en Ferrol de proxectos empresariais dinámicos, creativos e innovadores, como paso previo a empresas competitivas, realizouse unha actividade baseada nunha campaña que xira en base á experiencia de preto de 20 empresas, autónomos, emprendedores de diferentes sectores de actividade, que desde o seu punto de vista amosan o seu proceso para a creación do negocio, e dan a coñecer a súa actividade, invitando a outras persoas a seguir o seu exemplo. Todo isto a través dunha breve testimuña directa en formato vídeo.
As testimuñas dos diferentes emprendedores que aceptaron a relatar a súa experiencia pódese visualizar en diferentes soportes de comunicación, como Facebook, Twitter, Linkedin e Instagram, na canle de YouTube da AEF, na propia web da asociación ou en páxinas de entidades que traballan a favor de emprendemento, etc. A naturalidade, a frescura e a comunicación directa son as claves destas mensaxes, que invitan ás persoas que conten cunha idea de negocio a crear a súa propia empresa.
Con todo isto "trátase de fomentar a cultura emprendedora, establecer alianzas e sinerxías con outros emprendedores, incluso permitindo abordar iniciativas conxuntas, e apoiando o talento nun entorno nunha etapa especialmente difícil, pero que estamos seguros ten as súas oportunidades", sinalan desde a AEF.