Ambas entidades estudan como fomentar sinerxias para dar oportunidades aos emprendedores
O coworking da Cámara compostelana recibe a visita do presidente da Deputación da Coruña
As autoridades foron recibidas polos vicepresidentes da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo e Jorge Lorenzo, que explicaron a intensa actividade que realizan desde a Cámara, que aglutina a numerosas empresas na áreas de Compostela e Barbanza, ás que inxecta fondos europeos que permiten levar a cabo políticas importantes como pode ser a dixitalización.
Ademais, dada a experiencia que a Deputación xa ten no ámbito da dixitalización e do traballo en rede a través da súa propia rede de centros de coworking, o vicepresidente da Cámara presentou o proxecto de espazo de traballo colaborativo dixital para estudar a posibilidade de traballar xuntos fomentando sinerxías que melloren o tecido empresarial, dean oportunidades a emprendedores e faciliten a súa dixitalización.
Neste sentido, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, salientou que “Galicia necesita deste tipo de colaboracións entre institucións e empresas, o que redundará nun beneficio da propia demarcación da Cámara e da provincia da Coruña”. Pola súa parte, José Carballo valorou a visita e destacou que “hablamos el mismo lenguaje y nos vamos a entender para ser útiles a las empresas de la demarcación”.