Proxecto The Break
O Clúster TIC Galicia exercerá de mentor de 16 emprendedoras europeas
En Galicia, son cinco as organizacións locais adscritas ao programa, PymeOn, Fundación Roberto Rivas, Sende e Anceu coliving, ademais do Clúster TIC. Esta última é a que acolle un maior número de emprendedoras, 16 en total, das máis de 75 que forman parte de The Break a nivel galego. No resto do territorio español, hai 27 entidades seleccionadas e ao redor dun millar de mulleres cunha idea de negocio, MVP ou cunha empresa con menos de cinco anos de vida.
Coa súa participación neste programa, o Clúster TIC Galicia busca posicionarse como entidade impulsora de proxectos tecnolóxicos de emprendemento a nivel europeo e contribuír a visibilizar Galicia e o seu talento no ámbito nacional e internacional.
Impactar na comunidade
Outra das finalidades da iniciativa é promover o desenvolvemento local e impactar na comunidade receptora. Con este obxectivo, as emprendedoras culminarán o programa de aceleración cunha inmersión en Galicia do 20 de maio ao 13 de xuño.
Durante a súa estancia desenvolverán un reto que consistirá en inspirar ás novas xeracións poñendo en valor as profesións STEM a través de relatorios e actividades en centros educativos de Muxía e Cee. Deste xeito, mediante a súa propia experiencia, visibilizarán algunhas das oportunidades e vantaxes que ofrece o sector tecnolóxico, como traballar en remoto, para contribuír a fixar a poboación no rural.
60 horas de formación e mentorías
O seu espazo de traballo será o coworking do GaiásTech, situado na Cidade da Cultura, a través dun acordo de colaboración entre o Clúster TIC Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Neste centro recibirán máis de 60 horas de formación e mentorías grupais e personalizadas, segundo as necesidades de cada proxecto e da man de expertos en diferentes áreas de negocio.
Ademais, visitarán distintas empresas socias do Clúster TIC e manterán encontros con varias entidades de emprendemento para coñecer outras iniciativas locais e establecer novas alianzas de negocio