o IV Premio “Camiño do Emprendemento 2017”
Cámara e Abanca premiarán a estancia de tres emprendedores no viveiro de empresas de Costa Vella
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela vén de convocar o IV Premio “Camiño do Emprendemento 2017”, que patrocina Abanca.
O premio consiste en tres bolsas que cubrirán ao 50% os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano. Está destinado a emprendedores que teñan constituída unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para emprendedores que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses, e en ningún momento deben ser proxectos que xa foran obxecto de incubación non viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago por un período superior a tres meses.
Durante os doce meses de estancia na incubadora, os emprendedores recibirán servizos de acompañamento, cosultoría, titorización e mentorización dos seus proxectos empresariais coa finalidade de favorecer o seu arranque, creación e consolidación co propósito de asegurar a súa supervivencia. Ademais, os participantes poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por Abanca con condicións financeiras preferentes.
As solicitudes para participar deberán presentarse antes do 30 de novembro na Cámara de Comercio de Santiago ou na súa web www.camaracompostela.com. O fallo do premio farase plúblico o día 15 de decembro na Cámara de Comercio de Santiago.
O IV Premio “Camiño do Emprendemento 2017” é un recoñecemento que pretende promocionar as iniciativas empresariais e prestar apoio para a posta en marcha, desenvolvemento e consolidación dos proxectos empresariais máis destacados da demarcación cameral de Santiago, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos seus trinta e dous concellos.