O 25 de maio, en formato feira en Ferrol
34 proxectos compiten no Minimarket Ferrolterra Emprende
AJE Ferrolterra, Eume e Ortegal xunto ao Concello de Ferrol e coa colaboración co Concello de Narón, Cándido Hermida, Gadis e AJE Galicia, celebra este xoves 25 de maio, no Auditorio de Ferrol, a IX Edición do Minimarket Ferrolterra Emprende, que se desenvolverá en formato de feira.
O Minimarket Ferrolterra Emprende é un concurso entre os estudantes de ESO, Bachirelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal con que se pretende fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos e que nesta edición vólvese recuperar a participación de antes da pandemia.
Nesta edición, contamos coa participación de nove centros educativos e cun total de 34 proxectos nos que participan aproximadamente 130 estudantes. Cada grupo disporá dun pequeno stand no recinto do evento no que expoñer a proposta de proxecto empresarial con o que concorreron a esta convocatoria.
Os nove centros participantes son Cristo Rey Ferrol, IES Canido, Sagrado Corazón, IES Terra de Trasancos, CPI A Xunqueira, IES Catabois, Compañía de María, CPR Plurilingüe Santa Juana, e C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro.
O día do evento se abrirán portas para o público en xeral ás 11 horas, sendo entrada libre para todos os interesados que queiran coñecer de preto cada unha das iniciativas participantes e votar polo proxecto que máis lles guste, xa que un dos premios é a votación popular mediante papeleta.
Na entrega de galardóns, que terá lugar ao redor das 12:30 horas, estará presente o presidente de AJE Ferrolterra, Luís González Rey, e outras autoridades de entidades patrocinadoras e colaboradoras.
Esta feira é o punto final dun proceso de preparación que se desenvolveu durante todo o curso escolar e que os estudantes tiveron a ocasión de participar en oito talleres en cada cento impartidos por profesionais destinados a desenvolver facultades coma a capacidade de xestión, a autoestima, a creatividade, as habilidades sociais e persoais, o traballo en equipo… Ao mesmo tempo tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia doutros emprendedores e ter un mentor empresario.