Iniciativa enmarcada en Emprega en feminino

Ponse en marcha o programa "Medrando Xuntas" de impulso ao talento feminino

A Xunta vén de poñer en marcha o programa "Medrando Xuntas" para impulsar o talento feminino en Galicia, unha iniciativa na que participan 75 mulleres e que forma parte de Emprega en feminino, a folla de ruta coa que o Goberno galego está impulsando o acceso ao traballo das mulleres.

Ponse en marcha o programa "Medrando Xuntas" de impulso ao talento feminino

A primeira edición deste programa comezou en Vigo cun curso de formación de 20 horas para socias e traballadoras da economía social, que se repetirá nas próximas semanas noutras cidades galegas. Así, o próximo 13 de outubro comezará na Coruña.

A actuación continuará este venres en Santiago, cunha sesión dirixida, neste caso, a directivas deste mesmo sector co obxectivo de fortalecer e desenvolver as súas competencias e habilidades profesionais. Neste caso, a acción formativa é de 80 horas de duración, cas cales a metade son presenciais. 

"Medrando Xuntas" conta con contidos específicos cun dobre obxectivo: dar máis protagonismo ás mulleres para conseguir que participen máis activamente nos procesos de toma de decisión das súas entidades e potenciar as súas capacidades directivas como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional. Trátase dunha formación integral executada desde unha perspectiva de xénero participativa.

"Medrando Xuntas" continuará desenvolvéndose en outubro e novembro noutras provincias galegas. Na web http://eusumo.gal/medrando-xuntas-programa-formativo-para-directivas recóllese toda a información necesaria para formar parte deste programa.

Ponse en marcha o programa "Medrando Xuntas" de impulso ao talento feminino