Formación no ámbito das TIC

Os obradoiros de SmartPeme chegan en abril a Cambados, Barro, Lalín, A Estrada, O Porriño, Ponteareas e Vigo

Mercadotecnia, seguridade informática, vídeos profesionais e optimización para a web son algunhas das materias abordadas nos obradoiros SmartPeme que a Deputación de Pontevedra programa para o mes de abril

Os obradoiros de SmartPeme chegan en abril a Cambados, Barro, Lalín, A Estrada, O Porriño, Ponteareas e Vigo
SmartPeme é o programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra.
SmartPeme é o programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra.

O Centro ExpoSalnés de Cambados, os viveiros de empresas de Barro, Lalín e A Estrada e as oficinas de "SmartPeme" de Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán ao longo do mes de abril os próximos obradoiros de SmartPeme, o programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra. Un total de 47 cursos sobre redes sociais, seguridade informática, deseño web ou manexo de programas informáticos, entre outros, enriquecen esta oferta formativa.

Cursos en Cambados

O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá este martes 3 de abril ás 19 horas o curso "Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos". Tras este primeiro obradoiro, o xoves 5 de abril ás 17.00 horas impartirase "Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial",  o luns 9 de abril, ás 19 horas, "Facebook marketing" e o xoves 12 de abril, á mesma hora, "Sesión informativa: así funciona Whatsapp Business". Os obradoiros continuarán o luns 16 de abril con "Graba e monta vídeos profesionais co teu Smartphone" e o mércores 18 de abril con "Linkedin: a túa rede de networking", os dous ás 19 horas. Por último, pecharase o mes de abril con "Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console", o luns 23 de abril á mesma hora, e con "Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos", o mércores 25 ás 17 horas.

Cursos na oficina de Barro

A primeira cita do mes na oficina SmartPeme de Barro terá lugar este mércores 4 de abril co curso "Seguridade informática: conceptos básicos" ás 19 horas. A seguinte semana, o luns 9 de abril, ás 19 horas, ofrecerase o obradoiro de "Crea un servizo privado de almacenamento na nube", e o mércores 11, tamén ás 19 horas, "Aplicación de drons na enxeñería e proxectos". Pola súa banda, o luns 16 de abril, impartirase a partir das 11horas o primeiro módulo de "Iniciación ao Arduino, primeiros pasos" e, a partir das 13 horas, o segundo módulo. Para rematar, o xoves 19 de abril, ás 11h, comezará o terceiro módulo e, ás 13 horas, o cuarto e último módulo deste obradoiro. Para finalizar, o martes 24 de abril, ás 19 horas, terá lugar no viveiro de empresas de Barro o obradoiro "Que é o Internet das cousas? Introdución e aplicacións".

Vídeos profesionais no Deza

As primeiras citas do mes na comarca do Deza terán lugar en A Estrada, comezando o mércores día 4 con "Sácalle partido á túa conta de Gmail". A seguinte semana, os obradoiros continuarán con "Vén a descubrir que son e para que serven as redes sociais", o martes 10 de abril, e "Graba e monta vídeos profesionais co teu Smartphone", o xoves 12.

A seguinte semana, a actividade continuará no Polígono Lalín 2000 o mércores 18 de abril con "Xestiona o teu negocio dende móbil" e o venres 20 de abril con "Plataformas online para crear o teu e-commerce". Pola súa banda, pechará a actividade en Lalín, durante este mes de abril, o curso "Claves para a comercialización online no turismo de interior".

En canto á Estrada, o Viveiro de Empresas acollerá o mércores 25 de abril, o obradoiro "A túa páxina web con Wordpress". Todos os obradoiros realizaranse a partir das 19 horas, agás os dos días 10, 12 e 20 de abril, que serán ás 17 horas.

Ferramentas de Google e SmartData

As oficinas de SmartPeme en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán, durante o mes de abril 23 novos obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. A primeira cita na oficina de Vigo comezará este martes 3 de abril co curso "Google Calendar, moito máis que unha axenda" e o xoves 5 de abril con "Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos". A seguinte semana terán lugar dous novos obradoiros, o martes 10, "Transformación dixital nas empresas e produtos turísticos" e o xoves 12 de abril con "Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console".

A seguinte semana comezará en Vigo con "Smartdata, o CRM como aliado para conquistar o cliente", o 16 de abril, e rematará con "Habilidades ofimáticas: uso de fórmulas en follas de cálculo", o 19. Pola súa banda, o 23 de abril terá lugar "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" e o mércores 25 de abril, "Mellora a calidade das túas imaxes con editores online". Todos os obradoiros se desenvolverán ás 19 horas na sede da Deputación en Vigo, agás os días 10 e 23 de abril, que comezarán ás 17.00 horas.

Máis cursos en Ponteareas e O Porriño

En Ponteareas, a axenda comeza tamén o xoves 5 de abril con "Sesión informativa: así funciona Whatsapp Business". O seguinte obradoiro será o luns 9 de abril, "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais". Esa mesma semana, terá lugar "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico", o mércores 11 de abril.  O mes continuará con "Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial", o mércores 18 de abril e seguirá un día despois con "Claves para a comercialización online do turismo de interior".

Na última semana do mes, chegarán a Ponteareas dous novos obradoiros: "Marketing de contidos: como xerar unha estratexia efectiva", o martes 24 de abril, e "Facebook Ads", o venres 27 de abril. Todos os obradoiros desenvolveránse ás 19 horas no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea, agás os días 19 e 27 de abril, que comezarán ás 17 horas.

No Porriño comezan o martes 3 con "Bota as túas propias fotografías para o comercio electrónico" e dous días despois con "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais". SmartPeme continuará a seguinte semana con "Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?", o martes 10 de abril, e con "Prestashop I: comeza a crear a túa propia tenda online".  Unha semana despois, O Porriño acollerá dous novos obradoiros: "Optimiza a visibilidade da túa web con Google Seach Console", o luns 16 de abril, e "Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos", o mércores 18 de abril.

Por último, o luns 23 terá lugar no Porriño o curso "Smartdata, o CRM como aliado para conquistar ao cliente" e o mércores 25 de abril, "Habilidades ofimáticas: uso de fórmulas en follas de cálculo". Todos os obradoiros desenvolveranse no Multicentro do Concello do Porriño e comezarán ás 19 horas, agás os días 10 e 18 de abril que empezarán ás 17 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en acudir a estes obradoiros, destinados a emprendedores, autónomos e ás pemes da provincia e de inscrición totalmente gratuíta, poden apuntarse chamando ao teléfono 886 20 20 20, escribindo un correo electrónico a [email protected] ou a través da páxina web www.smartpeme.depo.es.

Os obradoiros de SmartPeme chegan en abril a Cambados, Barro, Lalín, A Estrada, O Porriño, Ponteareas e Vigo