A Administración amplía en 2,2 millóns de euros a dotación económica do Plan de rescate

A Xunta recibe 40.000 solicitudes para as tres liñas de apoios do Plan de rescate

A Xunta de Galicia ten recibido 40.000 solicitudes de autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros para optar ás axudas do Plan de rescate posto en marcha pola Administración galega para facer fronte aos efectos da crise da covid-19.
A Xunta recibe 40.000 solicitudes para as tres liñas de apoios do Plan de rescate
 SAN LÁZARO
 
12,30 h.-     A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participará por videoconferencia na xunta directiva da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequena Empresas (APE-Galicia), na que informará sobre as axudas do Plan de Rescate

foto xoán crespo
28/12/2020
A conselleira de Emprego e Igualdade xunto coa directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, na videoconferencia con APE Galicia./X.CRESPO.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo por videoconferencia  unha xuntanza coa Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequena Empresas (APE-Galicia) na que fixo unha valoración do Plan de rescate de autónomos, microempresas e os establecementos hostaleiros posto en marcha pola Xunta para paliar os efectos da covid-19.

A Administración autonómica recibiu 40.000 solicitudes para as tres liñas de apoios (autónomos con e sen persoal a cargo; autónomos con persoal a cargo e microempresas; e os establecementos hostaleiros pechados polas medidas ditadas pola autoridade sanitaria) das que antes do Nadal xa se tiñan xestionadas e pagadas o 40% destas peticións. “En menos dun mes desde a súa publicación as axudas xa están chegando aos cidadáns para dotarlles de liquidez”, apuntou Lorenzana.

A titular de Emprego e Igualdade apuntou, así mesmo, que o Goberno galego decidiu ampliar en 2,2 millóns de euros o Plan de rescate, en concreto na liña de autónomos con persoal a cargo e microempresas, para poder dar resposta a todas as solicitudes tramitadas ata o de agora e que compren cos requisitos. Así, o Plan de rescate conta nestes momentos cun orzamento de 86,2 millóns de euros. Este luns remata o prazo para presentar as solicitudes nas liñas para autónomos con persoal a cargo e microempresas; e para establecementos hostaleiros pechados polas medidas implantadas pola autoridade sanitaria.

A Xunta recibe 40.000 solicitudes para as tres liñas de apoios do Plan de rescate