Novo impulso aos parques empresariais de Galicia

A Xunta concede axudas por 2,5 millóns de euros a parques empresariais de 33 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a resolución definitiva da convocatoria de axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, tras a ampliación de crédito realizada hai unhas semanas.

A Xunta concede axudas por 2,5 millóns de euros a parques empresariais de 33 concellos
Centro de Tratamiento de Residuos Industriales de Galicia, ubicado en As Somozas.
Polígono de As Somozas.

Un total de 33 concellos galegos son os seleccionados nesta convocatoria de axudas para realizar diversas actuacións nos seus parques empresariais e nos que a Xunta inviste un total de 2,5 millóns de euros. Todos eles pertencen á rede de concellos emprendedores.

Estas axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Por provincias, A Coruña acada 11 axudas, Lugo 5, Ourense 7 e Pontevedra 10. A ampliación do orzamento inicial permite que as axudas cheguen a catro novos concellos: Cabana de Bergantiños recibe 120.000 euros para a mellora de accesos; Palas de Rei contará con 28.328,98 euros para a mellora do firme; Agolada obtén 119.983,60 euros para as infraestruturas viarias; e O Pereiro de Aguiar mellorará a vía de acceso noroeste cunha axuda de 38.587,14 euros. Ademais, o polígono de Augalevada, en Noia, consegue  unha segunda axuda (44.213,43 euros) destinada ao punto limpo. Pola súa banda, o concello das Somozas amplía a contía da súa axuda ata os 120.000 euros para a pavimentación da vía principal do seu parque empresarial.

Esta liña de axudas, promovida pola Xunta, contribúe a apoiar aos concellos galegos e impulsar a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os concellos emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en axudas deste tipo.

A Xunta concede axudas por 2,5 millóns de euros a parques empresariais de 33 concellos