Inclúe ata 290 actuacións que se impartirán de maneira presencial

A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros ao financiamento de unidades formativas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a convocatoria de axudas para realizar unidades formativas, que prevén cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas e mellorar así a empregabilidade da cidadanía.

A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros ao financiamento de unidades formativas
Curso de formación na planta coruñesa de Alu Ibérica.
Curso de formación na planta coruñesa de Alu Ibérica.

Esta liña de axudas, que se enmarca no Plan Galego de Formación para o Emprego , está destinada a empresas, soas ou agrupadas temporalmente, ou entidades e titulares de centros inscritos para impartir formación profesional para o emprego na comunidade.

As accións formativas, que inclúen ata 290 actuacións, impartiranse en modalidade presencial ata o próximo 29 de novembro de 2024, e para iso, os participantes deberán estar rexistrados como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e non estar ocupados na data de inicio dos cursos.

Por outra banda, o finaciamento destas unidades formativas inclúe un compromiso de contratación de polo menos o 60% do alumnado entre seis e doce meses e do 40% no caso de relacións laborais de maior duración.

A contía das achegas que se concederán ás entidades calcularase en función do custo da formación na especialidade impartida, da duración en horas e do número de participantes previstos. A presente convocatoria inclúe a posibilidade de impartir novos módulos transversais de manipulador de alimentos e o básico de prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende este luns e ata o próximo 30 de setembro.

Con esta liña de axudas o Goberno galego promove a mellora da empregabilidade da cidadanía, á vez que contribúe a adaptar a cualificación das persoas traballadoras para favorecer a competitividade do tecido produtivo.


 

A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros ao financiamento de unidades formativas