Posibilitará a asistencia a feiras profesionais e de venda directa

A Xunta concede axudas á comercialización para o sector artesán

A Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de conceder 78 solicitudes de axuda para o fomento da comercialización no sector artesanal, por un importe total de máis de 215.000 euros.

A Xunta concede axudas á comercialización para o sector artesán
Posto de Artesanía de Galicia.
Posto de Artesanía de Galicia.

Os beneficiarios son 74 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a Asociación de Artesáns de Ourense (ADAO) e os concellos de Camariñas, Tui e Monforte de Lemos, que contarán cunha axuda máxima de 8.000 €.

Mediante esta liña de axudas, apóiase aos obradoiros artesanais para a asistencia a feiras tanto profesionais como de venda directa e de Nadal, dentro e fóra de Galicia. Entre elas destacan as feiras profesionais Maison&Objet e Bijorhca, de París (Francia), Oberlin (Alemaña), ou Intergift e Bisutex, que se celebran en Madrid.

En canto ás feiras de venda directa, a Xunta apoia a participación do sector artesán galego en eventos como L’Artigiano in fiera, de Milán (Italia), Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman (Sanxenxo), Argálica (Cangas), Lan Berri (Vitoria) e feiras en diferentes localidades españolas como Burgos, Albacete, Guadalajara, Madrid ou Salamanca. 

Finalmente, entre as feiras de Nadal máis solicitadas atópanse as de Madrid, Sevilla, A Coruña, Xixón, Pontevedra e Aragón.

A Xunta concede axudas á comercialización para o sector artesán