Ata 55.000 euros por entidade
A Xunta apoia con axudas a actividade das asociacións de autónomos
Poderase financiar ata o 90% dos gastos subvencionables, polo que o 10 % restante correrá por conta da entidade beneficiaria. A contía máxima da axuda non poderá exceder a cantidade de 55.000 euros.
Esta medida sumarase a outras iniciativas que se convocarán proximamente para axudar ás persoas traballadoras por conta propia e que en global -incluída esta orde de axudas ao asociacionismo- supoñen un investimento de preto de 20 millóns de euros. En concreto, ademais deste programa que se publica este xoves no DOG, activaranse o Bono Autónomo, axudas para a promoción do emprego autónomo coas que se apoia o inicio de actividade; as destinadas a impulsar a contratación indefinida de persoas asalariadas, do primeiro, segundo e terceiro traballador; e os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Ademais, aínda se poden solicitar os apoios do terceiro Plan de rescate, que conta cun orzamento de 234,4 millóns de euros.