O prazo para solicitar os servizos de Re-acciona remata o xoves
Re-acciona é o programa conxunto do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Amtega e Gain, cofinanciado pola Unión Europea dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Ofrece ata 15 servizos diferentes para mellorar a competitividade empresarial.Un dos requisitos imprescindibles para solicitar estas axudas é que a empresa teña, polo mínimo, tres persoas traballadoras.
A oferta de servizos agrúpase en catro grandes eixos; un deles é o de Dixitalización. Neste ámbito, as empresas poderán definir a súa estratexia dixital, implantar medidas de ciberseguridade e de teletraballo ou deseñar unha estratexia de marketing de contidos. Outro dos piares do programa Re-acciona é a Profesionalización. Neste caso, as empresas poderán recibir asesoramento para mellorar a súa xestión financeira, realizar un relanzamento comercial ou optimizar a súa produción e cadea loxística.
Ademais, o programa do Igaoe axuda ó tecido empresarial a lanzar produtos e servizos que sexan innovadores. Tamén se inclúe un servizo de asesoramento para o financiamento da innovación. A Estratexia é outro dos bloques do programa de Re-acciona, neste caso, as empresas poden desenvolver plans de mellora empresarial, analizar o seu potencial competitivo ou dar resposta ás repercusións legais da covid-19.
Os servizos de Re-acciona desenvólvense por un axente colaborador, que está a disposición da empresa durante a duración do servizo de mellora, que pode ir dos 3 ós 6 meses, aproximadamente.Por outra parte, os servizos teñen un carácter práctico e buscan que a empresa se profesionalice nunha determinada área estratéxica ou operativa, e para iso o acompañamentoe a formación ofrecidos durante o servizoson claves para conseguilo.
O custe dos servizos para as empresas oscila entre os 126 euros e os 1.500 euros, en función do número de persoas traballadoras. O prazo para solicitar as axudas económicas destes servizos está aberto ata o 5 de novembro na web do programa Re-acciona.