O programa vén de resolver a segunda convocatoria de 2022
331 pemes melloran a súa competitividade grazas ao ReAcciona
Entre a primeira e a segunda fase, a Xunta ten concedidos xa 331 servizos, estando prevista a resolución da terceira en próximas datas.
O programa ReAcciona promove servizos en ámbitos como o da innovación, para axudar ás empresas no deseño de produtos e servizos innovadores, afondando na protección e financiamento dos mesmos. Ademais, tamén se levan a cabo proxectos vinculados ao desenvolvemento estratéxico, a profesionalización e a dixitalización, con servizos relativos á implantación dunha estratexia dixital da empresa, a ciberseguridade ou o márketing de contidos.
Entre os servizos máis demandados, situáronse os de análise do potencial competitivo, os da mellora da xestión financeira das empresas, e o asesoramento para o relanzamento comercial. Asà mesmo, no eido da transformación dixital, as empresas solicitaron diagnósticos centrados no financiamento da innovación e na dixitalización da empresa, ademais de solucións de xestión e mobilidade dixital e apoio no márketing.
Os servizos do ReAcciona desenvólvense por un axente colaborador, que está a disposición da empresa durante a duración do servizo de mellora, que pode ir dos tres aos seis meses. Por outra parte, os servizos teñen un carácter práctico e buscan a profesionalización da empresa, resultando clave o acompañamento e a formación ofrecidos.
A Xunta de Galicia cobre un mÃnimo do 75% do custo para a peme, porcentaxe que pode chegar ata o 95% dependendo do tipo de servizo, do tamaño da empresa ou a súa asociación a un clúster.
O programa, en cuxo desenvolvemento colaboran o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), facilitou desde a súa posta en marcha en 2012 o impulso de máis de 2.000 proxectos que permitiron mellorar a competitividade de máis de 1.300 empresas galegas, mobilizando 10,5 millóns de euros.