É viable o actual sistema público de pensións? A resposta é non (... o pior é que xa o sabíamos hai 20 anos!)
O sistema público de pensións español non é viable na sua actual configuración. A xenerosidade no seu deseño é a causa da sua inviabilidade, e as circunstancias demográficas e produtivas aceleraron a sua crise. Hai 20 anos, cando empezaron as reformas que modificaron (lentamente) os dereitos á percepción, xa se sabia que era inviable. Propóñense reformas para facer sustentable o sistema de pensións. Canto antes se modifique o deseño do sistema público de pensións, mais tempo teremos os traballadores en activo para adaptarnos ao novo escenario con prestacións menores que as actuais, mais nun sistema sustentable mais acorde ca contribución individual.