Tamén fomenta o máximo rendemento das materias primas

Un proxecto de Clusaga reduce as mermas na industria alimentaria

O proxecto IA40WASTE de Clusaga, aplicará Intelixencia Artificial (IA), visión artificial e Edge Computing para maximizar a eficiencia dos procesos produtivos da industria alimentaria e loitar contra o desperdicio alimentario.


 

Un proxecto de Clusaga reduce as mermas na industria alimentaria
clusa
O proxecto IA40WASTE de Clusaga loitará contra o desperdicio alimentario.

Esta iniciativa, financiada polo Mincotur a través do apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs), reúne no seu consorcio a Kiwi Atlántico, Pereira Productos del Mar, TripleAlpha, Logicmelt, Alia Technologies e Dihgigal, todas elas baixo a coordinación de Clusaga.

Desta maneira, o proxecto pretende acadar a máxima eficiencia dos procesos produtivos e reducir o desperdicio alimentario a través da minoración de produto desbotado nos procesos industriais, ao tempo que fomenta o máximo rendemento das materias primas.

Para lograr esto, partirase dunha novidosa plataforma de operacións baseada nunha análise pormenorizada dos procesos de produción e da monitorización en tempo real dos seus puntos chave. Toda esta información axilizará a toma de decisións en canto ás modificacións necesarias a implementar para acadar os máximos de produción que determine cada empresa.
 

Outros proxectos de dixitalización

Xunto a IA40WASTE, Clusaga está a coordinar a execución doutros tres proxectos beneficiarios da convocatoria de apoio a AEIs do Mincotur.

VitIA 5.0 pretende mellorar a produtividade e sustantabilidade do sector vitivinícola mediante a aplicación de IA, internet das cousas (IoT) e biotecnoloxía. Pola súa banda, MEATwin permitirá mellorar a planificación e produción do sector cárnico mediante a recollida de datos, sensorización e visualización de indicadores mentras que DIG4.0VO, cuxo obxectivo é o sector avícola de posta, oriéntase a lograr unha cadea de valor eficiente, de calidade, comprometida co desenvolvemento sostible e con garantías de benestar animal.

Xunto cos proxectos anteriores, Clusaga involúcrase na execución doutros dous enfocados na optimización da loxística na industria marítima e no desenvolvemento dunha solución agrovoltaica intelixente, respectivamente.

En total, estes 6 proxectos implican a 24 entidades socias do Clúster, das cales 7 son empresas do sector da alimentación e das bebidas, ás que Clusaga acompaña na súa transformación dixital.

Un proxecto de Clusaga reduce as mermas na industria alimentaria