O crecemento baséase na positiva demanda externa
Galicia supera nun 1,2% o PIB da etapa anterior á pandemia
A economía galega medra un 0,6% no primeiro trimestre do ano e un 2,8% en termos interanuais, segundo se recolle no Informe de Coxuntura Socioeconómica presentado polo Foro Económico de Galicia este xoves en Santiago de Compostela.
O PIB español sitúase no 1,15% no primeiro trimestre de 2023, o que posibilita que España volte aos valores prepandemia. En termos interanuais, a media española do PIB sitúase no 4,2%, presentando un maior dinamismo non só respecto á media europea e á zona euro, senón tamén fronte a países como Francia, Italia ou Portugal.
O crecemento do PIB en Galicia baséase na positiva demanda externa que contribue con 2,6 puntos ao crecemento agregado do PIB, sendo de tan só dúas décimas no caso da demanda interna.
No primeiro trimestre de 2023, o investimento medrou un 3,3%, presentando un mellor comportamento que a media española. Pola contra, o gasto en consumo final reduciuse, tanto o privado (-0,4%) coma o público (-0,2%).
En canto á oferta, existen importantes diferencias entre os datos para Galicia e para o conxunto do Estado. En Galicia, o sector industrial é o que presenta as taxas de crecemento interanual maìis elevadas, por diante incluso da construción (4%). Mentras, en España, os sectores con maior crecemento son a construción e o sector servizos cun 5,8% e 4%, respectivamente. Sen embargo, a industria manufactureira creceu en Galicia soamente un 2,2% fronte ao 5,6% no conxunto do Estado.
A asignatura pendente de Galicia con respecto ao conxunto do Estado segue a ser a productividade do tecido productivo, situándose por debaixo do 95% tanto en horas traballadas como postos de traballo equivalente. Neste sentido, a industria manufactureira sitúase no 68,2% da media española en postos de traballo e no 71,6 en horas traballadas, presentando soamente a construcción unha maior produtividade que a media do Estado.
Redución do paro e incremento das afiliacións
O mercado de traballo galego presenta datos positivos, tanto en taxas de actividade como na redución da taxa de paro. As afiliacións presentaron un crecemento interanual do 1,1% e dun 1% no derradeiro trimestre de 2022. Pola súa banda, a poboación ocupada medra un 1,1% respecto ao ano anterior. Asemade, os postos de traballo equivalente a tempo completo incrementáronse nun 1,2% e as horas traballadas un 0,5% (1,3% e 1,6% no trimestre anterior).
Por outra parte, segundo os datos da EPA, a creación de emprego rexistrase tan só entre as mulleres, no sector servizos fundamentalmente e no ámbito da educación; entre as persoas empresarias sen asalariadas e entre as asalariadas no sector público; con estudos ESO e idades de máis de 45 anos e na franxa de 25-34 anos. No extremo oposto é importante mencionar a redución da poboacioìn ocupada no sector industrial tanto entre as persoas traballadoras con estudios superiores como entre as persoas de 35 a 44 anos.
En canto ao desemprego, éste afecta en maior medida ás mulleres, persoas menores de 25 anos, estranxeiros e persoas con estudos primarios. Por último, a porcentaxe de poboación activa de 25-34 anos, incrementouse, ao igual que acontecera no mesmo trimestre do ano anterior.
O informe pode ser consultado: https://