O orzamento para o 2024 ascende a 3,3 millóns de euros

A Fundación Semana Verde pecha 2023 con récords

O Padroado da entidade reunise, este martes, para facer balance provisional do ano, onde destacan os bos resultados acadados tanto en facturación como en transaccións da Central Agropecuaria de Galicia Abanca.

A Fundación Semana Verde pecha 2023 con récords
Vista de expositores y público en la Semana Verde.
Vista de expositores e público na Semana Verde de Galicia, en Silleda.

A xuntanza estivo presidida pola secretaria xeral da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, e serviu tanto para facer o balance provisional deste ano como para presentar o orzamento para 2024.

Neste exercicio que remata, a previsión é que a Fundación acade a maior cifra de facturación da súa historia, con máis de 4,5 millóns de euros, un 51% máis do previsto para este ano, tras a celebración de 23 eventos maiores fronte aos 21 que tiveran lugar en 2022.

Entre eles, destacaron eventos como a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 16 anos e volveu superar os 100.000 visitantes, ou os certames ExpoBus e Sedexpo. Tamén son destacables as cifras da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que chegaba a semana pasada aos 32.984.709 euros, o que supón que na penúltima sesión do ano superaba xa amplamente os 32.430.068 euros que acadou en total no ano 2022, e, polo tanto, que rexistre a súa cifra récord de transaccións, con máis de 33 millóns.

Nova cita no 2024

Na reunión tamén se analizou o orzamento previsto para 2024, que ascende a 3.309.590 euros, e que busca manter a liña positiva lograda en 2023.

Na actividade da Fundación do vindeiro ano destacará, ademais da celebración de feiras e eventos xa consolidados, o debut dun novo certame, a I Feira de Servizos Municipais, ExpoMunicipal, que terá lugar no mes de abril.

A Fundación Semana Verde pecha 2023 con récords