A Cámara continuará co programa de Comercio Retallista
A Xunta presenta na Cámara as novas axudas para o sector comercial
O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, acompañado polo director xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Manuel Galdo, presentaron este venres, na sede da entidade cameral, os novos apoios da Xunta de Galicia para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial.
16 feb 2024
A Cámara, pola súa banda, ten previsto continuar no 2024 co programa de Comercio Retallista, que leva en funcionamento desde o 2013 e no que participaron máis de 300 establecementos comerciais da área coruñesa.
Este programa inclúe un conxunto de actuacións de apoio ao pequeno comercio orientadas a fomentar a innovación e mellorar a súa competitividade.