O 22 de febreiro
A Xunta difundirá en Lugo o Mapa de apoios á I+D+i
A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolle o día 22 de febreiro unha xornada informativa na que se darán a coñecer os instrumentos de apoio á innovación da Administración galega recollidos no primeiro Mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á I+D+i 2023.
A xornada está aberta a todos os axentes do ecosistema innovador, pero é de especial interese para as pemes luguesas que realicen actividades de innovación ou queiran innovar.
Ao longo de dúas horas (de 10 a 12 horas) detallaranse as axudas para os autónomos e pequenas e medianas empresas da Administración autonómica. Intervirán Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación (Gain), Eladio Otero, subdirector de Desenvolvemento de Negocio de Igape; e tecnicos doutras consellerías con axudas ás pemes e emprendedores galegos
Asemade, difundiranse casos de éxito de empresas que puideron mellorar a súa competitividade a través destes incentivos da Xunta de Galicia en exercicios anteriores. Falarán Adrián Rodríguez, cofundador de Nova Industria Galega (Nigal), Marta Gonzá, do departamento de Desenvolvemento e Novas Tecnoloxías do Grupo Jim Sports, e Noelia Ron, CEO de BioBocado.
A benvida estará a cargo do secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.
As prazas para asistir a esta xornada na sede da CEL en Lugo son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na páxina web da CEL ou chamando ao 982231150.