Encontro "Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia"

A Xunta anuncia que incrementará o bono formación para autónomos

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, Pablo Casal, anunciou o incremento dos apoios aos autónomos por parte do Goberno galego durante a clausura do encontro "Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia”, organizado por APE Galicia en Pontevedra. 
A Xunta anuncia que incrementará o bono formación para autónomos
Encontro "Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia” celebrado por APE Galicia en Pontevedra.
Encontro "Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia” celebrado por APE Galicia en Pontevedra.

Segundo dixo Pablo Casal, "a formación é clave para que o emprego autónomo poda fortalecerse e medrar, e por eso seguiremos axudando con medidas como o bono formación para autónomos, que este ano imos incrementar”. 

Na xornada tamén participaron o presidente de APE (Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia), José Ramón Caldas; o profesor da USC e presidente do Consello de Economistas de Galicia, Miguel Angel Vázquez Taín; a directora xerente da Fundación Pública Galega da Formación para o Emprego, Rosanna López Salgueiro, e o secretario da Mesa do Autónomo da Xunta de Galicia, Xosé Martínez Casal. 

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal, destacou tamén a “importancia e utilidade das asociacións de autónomos, que estean unidas e cohesionadas” para facer actividades como a que organizou APE Galicia.

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, subliñou aimportancia de eventos coma este para concienciar e divulgar as cuestións relativas aos aútónomos. 

A “necesidade do asociacionismo e colaboración entre os autónomos” púxoa tamén de manifesto o profesor da USC Miguel Vázquez Taín. Ofreceu un panorama da realidade dos autónomos en Galicia e a súa comparativa co total de España. Vázquez Taín sinalou como liña de traballo mellorar a concienciación sobre a importancia do autónomo e darlle ferramentas ante os novos retos empresariais.

A cirectora xerente da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, Rosanna López Salgueiro, explicou a importancia da Estratexia do Autónomo 2020 da Xunta, e explicou polo miudo a utilidade do portal dixital Oficina Virtual do Autónomo , onde se poñen a disposición recursos, posibilidades de colaboración e as axudas da Xunta “dispoñiblesnunha única xanela”.
 

Axudas para autónomos no 2020

O secretario da Mesa do Autónomo, Xosé Martínez Casal, detallou as convocatorias de axudas que a Xunta abrirá en 2020, precisando que todas elas serán publicadas no primeiro trimestre. Entre as novidades, destacou as axudas a persoas físicas autónomas que se constitúan como sociedade mercantil, ou o relanzamento dos bonos Renova (para inversión en renovacións e produtividade) e bono Relevo (para o traspaso dun negocio con relevo xeracional). Tamén adiantou que se poñerá en marcha por primeira vez unha acción de mentoring para 200 autónomos.

No coloquio final, xunto aos tres ponentes, incorporáronse dúas empresarias autónomas: Andrea Area, creativa audiovisual freelance de Portonovo, e por outra Sara Rodríguez Magariños, da tenda de moda femenina Alma Gemela de Pontevedra. As dúas empresarias comentaron a realidade dos autónomos galegos e reclamaron ásadministraciónssoluciónsnassúasprincipais demandas, como son a cotización por ingresos, a atención mellorao rural e o acceso accións formativas e asesoramento a través de potenciar as asociacións de autónomos.

Este mércores, APE Galicia organizará este mesmo encontro en Santiago de Compostela, con diferentes poñentes pero coa mesma temática de presentar solucións concretas para o autónomo.

A Xunta anuncia que incrementará o bono formación para autónomos