A Xunta lanzará a sección Galicia Calidade Alimentaria
O selo Galicia Calidade cumpre 25 anos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que o éxito da marca Galicia Calidade asociara para sempre a excelencia ao nome e aos produtos da Comunidade. O titular do Goberno galego, quen asistiu á gala de celebración do 25º aniversario do distintivo acompañado polo vicepresidente primeiro, Francisco Conde, e polos conselleiros do Medio Rural e do Mar, José González e Rosa Quintana, respectivamente, puxo en valor a traxectoria das 150 empresas que se animaron a formar parte “dunha marca esixente” e que contribuíron á singularidade e ao prestixio da Comunidade galega en todo o mundo.
“Vinte e cinco anos despois, está marca segue representado o desexo de ser excelentes e seguir triunfando”, aseverou o mandatario galego na súa intervención, na que recordou a frutífera andaina dunha iniciativa que se asentou como marca no ano 1997 co apoio do Goberno galego para amparar e potenciar a reputación da materia prima galega, a excelencia dos seus produtos e a calidade dos seus servizos.
“Rachou tópicos e amosou unha Galicia que non se baseaba nin imaxes grises nin lendas negras”, enxalzou Rueda, quen agradeceu a “aposta visionaria” que tiveron de sumarse nos seus inicios a este distintivo marcas xa nese momento amplamente recoñecidas nos mercados, como Estrella Galicia, Coren ou Jealsa. “As tres apostaron desde un principio e teñen agora moita potencia”, valorou.
Rueda tamén lembrou outras marcas que non tardarían en adherirse ao distintivo Galicia Calidade, como Cabreiroá, Mondariz, Feiraco, o Porto de Celeiro e Avícola de Galicia, nunha constante e firme aposta que hoxe en día integra a 150 empresas galegas e 750 produtos e servizos. Como resultado dese empeño, salientou que desde aquela ‘Galicia’ e ‘Calidade’ “quedaron unidas para sempre e parece que unha leva á outra”. “Quen aspire a entender o que somos non pode ignorar que Galicia leva o apelido de calidade”, sentenciou.
Desde Avigal, unha das compañías recoñecidas neste acto, a súa directora de Comunicación e Marketing, Matilde Rodríguez, sinalou que “desde que obtuvimos el sello de garantía de Galicia Calidade, hace ya 20 años, hemos evolucionado mucho, siempre con la intención de lograr la forma más óptima de trabajar, mejorando nuestros procesos productivos, con el único fin de alcanzar la excelencia en el producto”. Rodríguez destacou que “esta singladura no tendría el éxito que tiene sin la ayuda de Galicia Calidade, así como de sus técnicos y auditores, que garantizan la calidad de las marcas y los productos que respaldan el sello”.
En representación de Aguas de Mondariz, tamén con 20 anos co selo de Galicia Calidade ás espaldas, recolleron o premio Irene Renart, vicepresidenta e Alberto Cabadas, director de planta de Aguas de Mondariz- Fuente del Val, respectivamente. Ambos amosáronse moi agradecidos coa distinción e destacaron a importancia da labor de Galicia Calidade no impulso das firmas galegas nos mercados máis esixentes, contribuindo a reforzar a súa competitividade, xerando valores intanxilbes e transmitindo confianza e seguridade aos consumidores, xa que as marcas adheridas a este selo teñen que pasar esixentes auditorías de control.
Unha nova aposta polo sector agroalimentario
Alfonso Ruedasubliñou que a andaina, lonxe de se interromper, ampliarase coa sección Galicia Calidade Alimentaria, que apostará por produtos recoñecidos do sector alimentario galego, “pensando sobre todo en impulsar a súa internacionalización”.
Ademais, Rueda precisou que o Goberno galego investirá preto de 5,5 millóns de euros en 2023 para dar a coñecer as bondades das 36 denominacións e indicacións xeográficas protexidas en feiras e mediante campañas ou para promover a produción de proximidade.