Segundo encontro dixital promovido polo Concello de Pontevedra e APE Galicia
Reinicia Pontevedra analiza os novos valores dos clientes
O coloquio deste xoves levaba por título “Novos valores: confiables, solidarios, sostibles”, e tratou sobre a incidencia da crise do covid-19 na sensibilidade dos consumidores, e o seu impacto sobre marcas e empresas. Os autónomos e pemes de Pontevedra que interviron foron Javier Varela, consultor experto en Marketing; Natalia Vieites, directora de Recursos Humanos de Digamel; Mauro Lomba, arquitecto; e César Fernández y Beatriz Mariño, de Meridian Style &Interiors. xuntoco coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor experto en Vendas e Marketing.
Nos encontros virtuais “Reinicia Pontevedra” analízanse temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra. Participan especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias. O próximo 18 de maio o tema a tratar é "Novo servizo ao cliente: da persoalización á loxística", o día 21 falarase das "Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe"; o 25 de maio, de "Novas ideas de imaxe, publicidade e marketing"; o 28 de maio sobre "Estratexia de comunicación dixital e física", e como remate, o 1 xuño sobre "Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión".
Teñen lugar sempre os luns e os xoves, ás 15:30 por ser unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores. As inscricións gratuitas pódense facer na web de APE Galicia, www.encontrosapegalicia.es e no teléfono 697 195 540.
Asesoramento personalizado
A segunda parte do programa Reinicia Pontevedra posto en marcha polo Concello de Pontevedra e APE Galicia son 25 asesoramentos individuais gratuitos.O seu obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, ou o plan de relanzamento. Neste asesoramento poderanse compartir dúas videoconferencias, dunha hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.