O último encontro dixital do programa Reinicia Pontevedra terá lugar o 1 de xuño
As redes sociais, unha “oportunidade aínda por explotar” polas pemes pontevedresas
Reinicia Pontevedra é un programa de relanzamento empresarial que ofrece gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda sete encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.
No último webinar celebrado, baixo o título “Estratexias de comunicación dixital e física: redes sociais e influentes”, os cinco poñentes coincidiron en que as redes sociais son unha “oportunidade aínda por explotar” polas pemes de Pontevedra, e destacaron que teñen “capacidade de conectar especialmente coa clientela local”. Suliñaron que moitos pequenos negocios teñen unha presencia dixital e en redes sociais tan escasa que están “perdendo oportunidades”. Tamén, que paga a pena “invertir tempo en mellorar as fotografías e os textos”, porque repercute directamente na audiencia e seguidores en redes sociais da da empresa.
Neste encontro interviñeron o presidente de AJE Pontevedra e membro da executiva de APE Galicia, Jesús Rey; Sonsoles Fariña, de Iconweb; Alberto Ribas, del blog turístico @Alvientooo; e Gonzalo Rodríguez, de El Club del Café, xunto co poñente e coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor de Ventas e Marketing en Pontevedra.
O sétimo último encontro Dixital do programa Reinicia Pontevedra terá lugar o próximo luns, 1 de xuño, de 15.30 a 16:30 horas, sobre o tema de “Estratexias de Dixitalización: erros a evitar e rentabilidade do investimento”.