O 13 e 14 de marzo en Expourense

Previsel 2024 ofrecerá formación especializada en prevención e seguridade laboral

A 17ª edición de Previsel, cita centrada en exclusiva na formación especializada en prevención e seguridade laboral, celebrarase en Expourense os días 13 e 14 de marzo.

 

Previsel 2024 ofrecerá formación especializada en prevención e seguridade laboral
Presentación da nova edición de Previsel que se celebrará o 13 e 14 de marzo en Expourense.
Presentación da nova edición de Previsel que se celebrará o 13 e 14 de marzo en Expourense.

O acto de presentación da nova edición contou coa participación do deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o xefe do centro ISSGA de Ourense, Ángel López; o representante de Tesgalicia, Santiago Moreno Covelo e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

O obxectivo deste evento busca insistir na necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades promocionando ademais boas prácticas que garantan a saúde laboral dos traballadores e traballadoras.

Para iso, o programa inclúe diversas xornadas técnicas en materia de prevención, saúde, seguridade laboral ou primeiros auxilios e máis de 30 actividades que se completan cun área expositiva na que participan unha trintena de entidades que presentan produtos e servizos vencellados coa prevención

Algunha das entidades que impartirán formación especializada ou que realizarán diversas actividades destacan a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), a Fundación Laboral da Construción de Galicia, a Asociación de Construtores de Ourense (ACO), o colexio profesional da Avogacía de Ourense, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (Tesgalicia), Cruz Vermella Ourense e a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), entre outros.

A asistencia a estas actividades é gratuíta pero precisa de inscrición previa.

Previsel 2024 ofrecerá formación especializada en prevención e seguridade laboral