O salón estará aberto toda a fin de semana en Expourense
Preto de 400 vehículos cun desconto medio de 4.000 euros, atractivos do II Car Outlet Ourense
O II Car Outlet Ourense, organizado por Expourense e ACAUTO, abriu as súas portas este venres ofrecendo ao público unha oferta de preto de medio milleiro de vehículos de ocasión.
462 coches cun desconto medio de 4.000 euros, ata 10 anos de garantía nalgúns casos, seguro a todo risco de regalo o primeiro ano e condición vantaxosas á hora de financiar a compra son os principais atractivos que ofrece o II Car Outlet Ourense.
Un total de 16 concesionarios oficiais que representan a 22 marcas ofrecen ata este domingo as mellores oportunidades do mercado do vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías. Os vehículos expostos no recinto feiral cobren todas as gamas e modelos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos clientes con prezos comprendidos entre os 4.800 euros que custa, por exemplo, un Suzuki Alto, e os 49.900 que marcan vehículos como un Audi Q5 ou un BMW 580D. Sen referirse aos extremos, o “vehículo tipo” que pode atoparse nesta cita é o do mercado de ocasión en España, é dicir, un coche que ronda os 13.000 euros, con 15.000 kilómetros de media, e que conta cun ano ou ata poucos meses de antigüidade, segundo datos da patronal Facounauto.
Os distintos xerentes de concesionarios asociados a ACAUTO que indicaron que este fin de semana será o mellor momento do ano para mercar un coche xa que “veñen a por todas ofrecendo condicións moi especiais difíciles de atopar noutro contexto”. Ademais de bos prezos con todas as garantías, algún expositores incentivan o proceso de decisión de compra regalando viaxes para dúas persoas ou sorteando teléfonos de última xeración. A oferta presentada é tan atractiva que este mediodía xa resultaba doado atopar coches co cartaz de “vendido”.
Ampla oferta
A oferta presentada neste salón é moi ampla puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos. Esta cita reflicte o bo momento que está a vivir o mercado de ocasión en Galicia xa que os datos indican que a segunda man é xa a primeira opción de compra e que durante o primeiro trimestre do 2019 por cada coche novo vendéronse na nosa comunidade case tres de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo.
O II Car Outlet presenta unha oferta moi ampla na que poden atoparse numerosos vehículos que representan os catro eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); vehículos de servizo (demostración ou cortesía) con antigüidade de ata 1 ano e con 15.000 kilómetros de media; seminovos (ata 5 anos de froito de renting empresarial ou operacións financeiras con garantía de recompra); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario a cambio doutro).
O horario de apertura do salón será obado de 10 a 20:30 horas e o domingo 11 a 20 horas.