O programa presentarase o 9 de novembro cunha charla de Mario Weitz

Clusaga formará a directivos do sector da alimentación

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) impulsa o programa “Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias”, deseñado en colaboración coa Universidade Intercontinental da Empresa (UIE).

 

Clusaga formará a directivos do sector da alimentación
unnamed (2) (1)
Mario Weitz dará unha masterclass baixo o título “Perspectivas da economía mundial e impacto no sector alimentario”.

A formación “Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias”, que se impartirá de marzo a novembro de 2024, ten como obxectivo impulsar o crecemento e a excelencia dos profesionais que integran as empresas do sector da alimentación e das bebidas galego.

A presentación deste programa, que terá lugar o vindeiro 9 de novembro no Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela, contará cos presencia de Mario Weitz, quen dará unha masterclass baixo o título “Perspectivas da economía mundial e impacto no sector alimentario”.

Mario Weitz, economista, director xeral de Consulta Aberta, ex-conselleiro do Fondo Monetario Internacional e conferenciante a nivel mundial, ofrecerá unha visión global da economía mundial e española, así como da súa influencia no sector da alimentación. Nela abordará aspectos chave como o conflito Ucraína – Rusia, os tipos de interese, a inflación ou a recesión global, a análise dos mercados internacionais e as implicacións da cuarta revolución tecnolóxica, destacando a robótica e a intelixencia artificial, entre outros.

Clusaga formará a directivos do sector da alimentación