O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugura o ciclo este xoves 21
As políticas de investimentos das administracións, a debate nun foro organizado por APECCO
Baixo o título “Xornadas sobre a Sustentabilidade do Emprego: responsabilidade de todos”, a Asociación Provincial da Construción da Provincia da Coruña (APECCO), analiza a partir do vindeiro xoves, 21 de marzo, os futuros investimentos das diferentes administracións públicas.
Nos tres foros previstos analizaranse as políticas de investimento das distintas Administracions; é decir a Local, a Autonómica e a Central. As xornadas contarán co patrocinio de Abanca, Banco Sabadell e Probisa e serán moderadas polo presidente de APECCO, Diego Vázquez Reino.
A primeira está prevista para o 21 de marzo, as 10:30 h, nas instalacións da patronal coruñesa da construcción. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a quen acompañará o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, presentarán os plans de investimento e mantenemento dos barrios, espazos e infraestructuras públicos na cidade da Coruña.
A segunda das xornadas previstas terá lugar o 28 de marzo e nela participará o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Neste foro analizaranse os investimentos previstos polo Estado, así como un dos grandes proxectos previstos para a nos a Comunidade, o Corredor Atlántico.
O ciclo concluirá o 11 de abril coa intervención da conselleira de Infrestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. A Ethel Vázquez acompañaranlle a directora de Aguas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
O obxectivo do ciclo é fomentar as estratexias que se precisan para lograr a paulatina consolidación dun sector que representa un dos piares da economía galega. Cada euro investido na obra pública duplica o seu valor en xeración de actividade económica e cada millón de euros investidos en obra pública crea preto de 70 postos de traballo, directos e indirectos.
Por último, dende APECCO quéres concienciar ás Administracións Públicas da necesidade de potenciar as licitacións que cumpran o espirito da nova Lei de Contratos do Sector Público, na procura dun equilibrio entre calidade e prezo, condición imprescindible para garantir a viabilidade das empresas da obra pública na provincia da Coruña e, desde xeito, garantir a calidade do emprego dos traballadores do sector.
Para asistir ás xornadas é preciso preinscribirse na seguinte dirección de correo electrónico [email protected].